Trala comparecencia do secretario Xeral
de Política Lingüística, Valentín García para informar das accións para
dinamizar a lingua galega, o deputado do BNG, Cosme Pombo afirmou que
Xunta de Galia leva 20 anos “incumprindo a Carta europea das Linguas
asinada por 31 países” e 20 anos nos que dende a secretaria Xeral de
Política Lingüística se está a tratar de “estranxeiro o noso idioma na
nosa patria”.
O parlamentario asegurou
que grazas as mobilizacións cidadáns “non desaparece o noso idioma”
porque as políticas do goberno son contrarias a súa pervivencia,
vostedes enterraron o Plan de Normalización Lingüística aprobado por
unanimidade no Parlamento galego no ano 2004 con 450 medidas
consensuadas.
O nacionalista aludiu ao
“incumprimento”, por parte da Xunta, das recomendacións do informe da
Comisión europea. Neste sentido, recalcou que o galego se está a reducir
no ensino, “só o 20% do ensino universitario desenvolvese no noso
idioma” e só o 3% dos centros infantís das cidades imparten galego. A
Carta europea defende que o modelo educativo do ensino debera ser
esencialmente en Galego pero a Xunta respondeu “cun decretazo
plurilingüe” orientado a unha menor presenza do noso idioma no ensino.
O
informe tamén recomenda un maior uso do galego na administración, na
xustiza e nos medios de comunicación privados. O único país, explicou o
nacionalista, con dúas linguas románicas coa maior puxanza de Europa,
resulta que a política lingüística do Goberno galego na práctica,
“reduce a presenza do galego”.
Menos rezar e máis impulso para o galego
O
parlamentario pediu ao titular de Política Lingüística menos propaganda
e máis “acción, normalización e proacción” a favor do noso idioma.
Cosme Pombo preguntou a Valentín García se vai “desenterrar o Plan de
Normalización Lingüística, derogar o decreto do plurilingüísmo e se vai
facer algo para estender o portugués no ensino como reclama a ILP Paz
Andrade”.
Finalmente, o parlamentario
lembrou que o bipartito destinou 19,8 M€ fronte os 6,7 que emprega o PP
polo que pediu “rezar menos” e o que empregan para relixión, 27M€ sexa
empregado para impulsar o galego, con iso confórmome, concluíu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario