Desta volta trátase dunha campaña para a sensibilización da importancia da mediación intraxudicial como mecanismo de resolución de conflitos posta en marcha pola Vicepresidencia.
Uns días despois de aumentar o orzamento a case 1,7 millóns
de euros en concepto de subvención aos medios de comunicación, a Xunta,
a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia acaba de poñer
en marcha outra campaña publicitaria sobre “mediación intraxudicial”.
Esta nova campaña, que conta con 330.000 euros, e vai destinada aos soportes de “prensa escrita, radio e internet”, ten coma obxectivo “trasladar á cidadanía galega os avances, resultados e beneficios que se producen como consecuencia do fomento da mediación intraxudicial”.
Neste sentido, a Vicepresidencia da Xunta suliña que a mediación como procedemento “pode dar solución extraxudicial dun xeito rápido e económico aos conflitos mediante procedementos adaptados ás partes”. Así, a Xunta, no prego de condicións desta campaña publicitaria, explica que quere que dúas partes en conflito tenten voluntariamente acadar por si un acordo sobre a resolución do seu litixio coa axuda dun mediador”.
“O obxectivo do Goberno galego é levar a cabo unha acción de comunciación sobre a importancia que están a ter as actuacións realizadas encamiñadas ao fomento da mediación intraxudicial e a súa contribución na resolución de conflitos”, indica. Esta nova campaña publicitaria da Xunta ten unha duración de cinco semanas e o seu ámbito de actuación será Galicia. É dicir, está destinada, aos principais medios de comunicación de Galicia.
Nos primeiros catro meses deste ano, e segundo as informacións obtidas por este medio sobre distintas campañas publicitarias, a Xunta tería xa comprometido máis de cinco millóns de euros en convenios de publicidade e propaganda, tanto os que xa tiña outorgados, como os que dará ao longo do ano.
Estes cartos --aínda non se contabilizan todos os acordos e convenios de distintas consellerías-- tamén se suman aos case seis millóns que Galicia Confidencial puido constar que se repartiron ao final do pasado ano. Un diñeiro público que, por outra banda, non está sometido a ningún tipo de control pola falta dunha Lei de Publicidade Institucional, norma que o Goberno de Feijóo anunciou que aprobaría xa na súa primeira lexislatura e que aínda segue gardada no caixón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario