Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG
Membros da xestora nacional da plataforma
cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de
diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de
comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de
maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a
inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas
reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.
O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida”
recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor
homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano.
O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pla Normalización Lingüísitica, Marcos Maceira, lembrou a participación habitual de Manuel María en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país e o seu compromiso con moitas causas xustas, nomeadamente a da lingua galega. Por isto “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.
“O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala.
A manifestación deste ano prodúcese nun contexto no que o decretazo contra o galego, que impuxo Feixó en solitario e sen ningún apoio, está absolutamente morto e deslexitimado, como lembrou recentemente o Consello de Europa, polo que Maceira instou novamente ao presidente Núñez Feixó a que dea, por fin, os pasos necesarios para contarmos cun novo decreto para o ensino en galego, comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego.
“O goberno de Feixó ten a responsabilidade de velar polos intereses de Galiza, quen ataca a lingua de Galiza, ataca os intereses de Galiza, a vida de Galiza, a súa capacidade para desenvolverse plenamente. A lingua propia une e fortalece. Feixó ten un compromiso legal coa lingua, mais tamén moral como presidente da Xunta”, afirmou o portavoz de Queremos Galego. Por iso, indicou, ten a obriga de pechar a porta que abriu, e o TSXG, nunha sentenza ideolóxica e sumpremacista, acaba de cruzar”.
Maceira lembrou que en xullo do ano pasado o Partido Popular asinou a declaración de unidade a prol da lingua galego, asumindo un compromiso, xunto a outras moitas organizacións políticas, de combater prexuízos e aplicar todos os acordos arredor da lingua, “sen que aínda hoxe visemos nin unha soa acción favorábel ao dereito a vivirmos en galego”. Por iso considerou que “a lingua galega ten que regresar ao debate político para, entre todos, falarmos de como recuperar os espazos onde debe estar, non para o contrario”.
A Plataforma Queremos Galego salientou ademais que “todos os avances para a lingua galego foron conquistas da sociedade. As irmandades da fala foron a primeira mostra da necesidade de organizarse e mobilizarse para conseguir avances. Facemos un chamado a todas as persoas que aman Galiza, que aman a nosa lingua, que queren avances para ela, posibilidades de uso e accións públicas qeu permitan instalarse no galego con total liberdade a quen non o fala, sen estigmatización, sen desprezos”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario