elefónica vén de
lanzar no mercado español un
servizo de control para nais, pais ou titores que lles vai facilitar
a xestión da vida dixital das nenas e os nenos con dispositivos
móbiles. A nova achega, chamada Movistar
Protexe, permite en palabras da operadora “protexer en tempo
real e dende calquera lugar até 10 aparellos diferentes, achegando
todas as garantías de seguridade para os menores”. Deste xeito, a
través da web do servizo, as nais e os pais poderán facer cousas
como establecer límites de uso responsábel, bloquear contidos
inapropiados ou perigosos, localizar o dispositivo do menor ou
restrinxir certas aplicacións. O servizo lánzase cunha subscrición
mensual desde 1,5 euros.
Xa nun plano máis
detalle, Movistar Protexe abrangue medidas de salvagarda para todo
tipo de trebellos (PC, Mac, tableta, smartphone, iPad, iPod, iPhone e
Kindle) e posibilita a configuración de cantos perfís desexemos
para cada dispositivo, o establecemento de horarios de uso (tanto
para navegación como para o uso de aplicacións), a achega de
informes cotiáns e detallados e a recepción de alertas se o menor
visita páxinas non axeitadas ou excede o tempo de uso fixado.
O servizo xa está
dispoñíbel para todos os clientes de Movistar baixo un modelo de
subscrición mensual “autorrenovábel” con tres modalidades que
se adaptan ás necesidades de cada familia: Movistar Protexe 3 (que
permite xestionar até 3 dispositivos diferentes por 1,5 euros/mes),
Movistar Protexe 5 (para protexer até 5 dispositivos por 2 euros ao
mes) e Movistar Protexe 10 (até 10 dispositivos protexidos por unha
cota de 3,5 euros).
Lembrar por último que
Movistar Protexe é un servizo multiplataforma que nace froito do
acordo global acadado en decembro de 2014 por Telefónica e Qustodio,
compañía barcelonesa de solucións de seguridade, polo que ambas as
entidades se comprometeron a ofrecer servizos aos clientes de
Telefónica empregando as ferramentas de seguridade e control de
Qustodio. España é o primeiro país no que se materializa esta
alianza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario