Co comezo do novo ano,
afiánzase no escenario das plataformas e as apps unha
ferramenta que vén moi a conto para superar certos retos en materia
de alimentación saudábel. A fin de contas, ano novo, vida sa. Esta
á base do servizo Menuterraneus.com
lanzado pola empresa do mesmo nome, unha fórmula
dirixida a facilitarnos a obtención dun acadar un menú san,
personalizado a medida, elaborado por profesionais da dietética e
complementario co menú escolar dos nenos. Segundo informan dende a
empresa, a plataforma xa acadou en cuestión de meses os 100.000
usuarios. O servizo, dispoñíbel en feitura web e
en formato aplicación dende o móbil para iOS e Android, baséase
nun algoritmo pensado e deseñado por expertos en dietética para
conquerir un menú equilibrado baseado na dieta mediterránea.
O resultado, sinalan os
seus creadores, “é unha planificación semanal personalizada que
ofrece unha solución rápida e de balde ao tradicional quebradizo de
cabeza das familias no que respecta a organizar as comidas dos nenos,
sobre todo cando se expón a necesidade de complementar o menú
escolar co de toda a familia”. E engaden: “O noso servizo permite
que cada usuario personalice o seu menú e mesmo ofrecemos a
posibilidade de que nos envíen escaneado o menú escolar para que
llo introduzamos no sistema se non queren facelo eles mesmos”.
Menuterraneus.com pon a
disposición dos seus usuarios unha receita de todos os pratos que
suxire, con formato de máxima sinxeleza (arestora conta con máis de
250 receitas). Ademais, cada internauta pode engadir os seus propios
pratos e compartilos co resto de usuarios, creando así unha
comunidade co menú familiar como fío condutor. Neste intre,
Menuterraneus.com xa acumula máis de 2.200 receitas achegadas polos
propios usuarios. “A fórmula do servizo”, explican os seus
creadores, “é que ten a vantaxe de que se pode escoller entre
diferentes tipos de perfil e tamén resulta útil para familias sen
fillos ou persoas que viven soas”. Un dos puntos fortes da
plataforma é que é quen de aprender do propio comportamento do
usuario, de forma que a práctica continuada de incluír ou eliminar
un prato determinado é interpretada polo sistema.
O portal
Menuterraneus.com nace no ano 2014 como unha aplicación web e móbil
e foi galardoado co premio Ruralapps pola “súa utilidade e
innovación tecnolóxica no sector da alimentación”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario