Moitos anos debatendo na Galiza, cal é a contradición principal, e resulta que, a dinámica política actual esixe darlle unha volta a esta cuestión e non tanto porque no panorama electoral e social teñamos hoxe organizacións disputando o campo nacionalista e de esquerdas, senón porque alén delas, hai mais organizacións e persoas que contan con diferentes perspectivas e análises que non deberían ser esquecidas, mais aló da conveniencia dos acercamentos tácticos ou estratéxicos, no que están uns e outros. Son tempos necesarios para o Debate, si con maiúsculas, tan alonxado do purismo como da incompetencia real para facelle fronte a situación creada.
A posición teórica, aínda que moitos/as o descoñezan, resolve o
problema sinxelamente, co confronto do par en contradición,
nacionalismo-españolismo; pero unha vez máis a rolda do tempo, sobre de
todo, cando a práctica política foi esixindo concreción entre outras
para gobernar, fixemos un revolto co termo clase por necesidade
táctica, vinculada á necesidade de conxuntar nacionalismo con esquerda
xa que o concepto, clases populares, disque non fora quen de atopar a
converxencia desexada por quenes construiron o discurso orientador para
as encrucilladas que o nacionalismo galego veu tendo diante de si. Aínda
hoxe, estamos así, mellor dito, repousando no confusionismo, cando para
resolver este debate, algúns/as foron quen de concluír que as dúas
podían coexistir nunha formulación expresada na nova dicotomía,
contradición principal e fundamental, seguramente por atopar un encontro
de mínimos entre as diferentes tendencias que xa precisaban de
clarificación sobre do asunto, é así ata hoxe.
A realidade dos feitos impón unha análise máis acaída. O asunto, obriga
a revisar as bases dun ideario que termou de contradicións, as
construcións teóricas foron quen de manter unha certa aparencia de
conexión co “rigor mortis” dun marxismo escolástico. Logo na praxes
foise resolvendo ou xustificando.
Chegar a un punto de encontro EEUU e Cuba tentando resolver un
conflicto de moitos anos e falando desde as suas diferencias, é unha boa
nova.
A revolución cubana antes que socialista foi nacionalista e así é
cantada na consigna, Patria ou morte ¡ Venceremos !”. Si algo ten a
constititución dos EEUU e que sua patria está por enrriba de calquer
outra consideración.
Revisemos pois o concepto de clases populares e nada mellor que reler a
Gramsci cando di, falando das clases subalternas, que o problema está
en comprender como pode o proletariado ou en xeral unha clase dominada,
subalterna, ser clase dirixente e exercitar o poder político,
converténdose nunha clase hexemónica.
Prosegue, as clases subalternas, non están unificadas e a súa
unificación dáse só, cando “se converten en Estado”, cando chegan a
dirixir ao Estado doutra forma, desenvolven unha función descontinua e
disgregada na historia da sociedade civil dos estados. A súa tendencia á
unificación “ é rachada continuamente pola iniciativa dos grupos
dominantes”, dos cales, elas, “sofren sempre a iniciativa, aínda cando
pasen a rebelión”.
A proba do “Estatut catalá” e todos os acontecementos que viñeron logo,
debera despexar incertezas teóricas creadas tanto por autonomistas
confesados como por quen propuxo avanzar pola vía estatutaria ata a
soberanía nacional, sen máis. A realidade e que a consulta catalana é
unha evidencia de irrealidade para quenes aspiren a unha Patria Galega
pola via da actual Constitución Española. Non sei que fará o
nacionalismo vasco ( logo da via fracasada tamén no Plan Ibarretxe ),
pero supoño que terán que mover ficha.
Miro para os demais e trato de analizar os acontecementos hoxe e agora.
Preguntome e pregunto deixamos facer os demais povos e quedamos como
observadores da dialectica ou facemos o noso Plan. Sería un erro
historico quedar outra vez, fora de xogo e enxugados polo españolismo
que tanto se viste de federalista como de re-centralizador. Sen saber,
cal vai ser o resultado final desta mal chamada crise institucional do
Estado Español, sei que o termo Nación-Patria para españolistas e
nacionalistas, non ten nada de común.
Pouco a pouco as dúbidas iran despexándose; o nacionalismo ou é
emancipador ou non resolve, ningún dos problemas presentados. Coincido
no reclamo de Castelao aos imperialistas fracasados, na liberdade de
todas as Patrias pero sabendo como el dixo: que ninguén nos vai regalar
nada nunha mesa, senón hai reclamo, resistencia, movemento e construción
de poder desde o antagonismo.
A situación social é de moita gravidade e tamén é quen de agudizar a
contradición esquerda-dereita, ainda que non quedarán moitas dubidas do
papel de cada unha das organizacións, no confronto real. A conxunción
distas dúas situacións, danos unha oportunidade para a clarificación
necesaria no debate reclamado. Os discursos terman de calquera
situación, mais a dialéctica dos acontecementos decide as axendas e
despexa dubidas teóricas.
Igual que noutras partes do mundo, o futuro aínda non chegou, está por
vir. Pois logo, a contradicción principal na Galiza, debe ser entendida
como unha transformación do “status quo” cun novo proceso constituinte
que acredite que Galiza é a patria dos galegos e das galegas.
Para acadar este obxetivo non abonda con preguntarse ¿o que facer?,
senón que tamén é importante o xeito de facelo é non enganar nin
enganarse co campo de xogo onde imos ter que resolver este problema,
primeiro no plano teorico e logo na realidade.
É tempo para facer movementos cos que ir concretando a base dos apoios e
unificación nun só proxecto nacionalista integrador das necesidades e
aspiracións das clases populares que para dar o seu apoio precisan da
construcción dun proxecto concreto de nación coas suas vertentes
sociales, por iso a meu entender, o chamado para a unificación
nacionalista ten que ter ista base e ninguen que o defenda, pode quedar
fora.
As dinámicas do proceso de confronto, irán definindo a contradición
principal e a secundaria é nese contexto, decidiranse posibles alianzas
tácticas para a parte (electoral, de gobernos nas institucións e
organismos) ou estratéxicas para o todo, no que, Galiza é unha nación,
con todas as consecuencias xuridico-políticas que supón tal definición.
¡ Patria é vida !
Fermín Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario