Todas as persoas que queiran que existan condicións “para falar con absoluta normalidade” na nosa lingua están convocadas o vindeiro 8 de febreiro a Compostela. A plataforma Queremos Galego prevé que a manifestación sexa masiva.
“Hoxe en Galiza, onde se di que o galego é
lingua oficial, atopámonos con notarías, servizos públicos, entidades
bancarias que non dispoñen dun só papel en galego, ou portais web de
atención ao público que se mostran en todas as linguas agás en galego,
algo que se estende a todas e cada unha das áreas da vida cotiá onde non
hai, sequera, unha mínima igualdade”, sinalaron desde Queremos Galego, a
plataforma que confía nunha resposta multitudinaria a súa convocatoria
de manifestación para o vindeiro 8 de febreiro en Compostela.
Para a mobilización en defensa da lingua están convocadas, segundo insistiu Marcos Maceira, “todas as persoas que queren que existan condicións para falar con absoluta normalidade, sen restricións, de todas as ideoloxías, de todos os partidos, incluíndo as do PP, que non están de acordo coa desfeita promovida desde a Xunta”.
"Polas fillas dos nosos fillos"
Co lema “Polas fillas do nosos fillos”, escollido entre centos e propostas recibidas, fan fincapé na urxencia de garantir a transmisión xeracional do idioma. “Se queremos futuro para o idioma, para Galiza, para as fillas dos nosos fillos, este é o momento de parar e darlle a volta a política de odio ao galego. Polas fillas dos nosos fillos queremos un goberno que queira ao galego, que queira ao seu pobo”, indicou o presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira para quen os datos do estudo do IGE só veñen confirmar o grande retroceso que se está a producir no uso da nosa lingua co goberno de Feijóo. “Se até agora se aprobaban leis a favor do galego baixo a condición de non se aplicaren, agora o goberno da Xunta lexisla directamente en contra”,denunciou dun Consello da Xunta e un presidente que está, ao seu ver, a cometer perxurio xa que, ao tomaren posesión dos cargos xuraron ou prometeron defender a lingua galega.
Pobo dinámico e activo
Contra a desfeita promovida polo goberno do PP, desde Queremos Galego mostraron a súa confianza nun pobo “dinámico e activo” que “mantén a súa lingua consciente de que é a súa mellor garantía de pervivencia no futuro” e nesa enerxía confían para que o vindeiro 8 de febreiro ás 12 horas saia da Alameda de Santiago unha mobilización multitudinaria á que, de maneira especial chaman “ás nais e pais vilipendiadas por un Presidente que apedrea o idioma e logo agacha a man, ao profesorado que quere usar o galego nas aulas, e ao alumnado ao que desde a educación infantil até a primaria lle negan o dereito a formarse na súa lingua propia”. Segundo Queremos Galego o PP ataca a oficialidade de hai máis de trinta anos excluíndo “o noso idioma de todas as etapas educativas através do decretazo contra o galego que por primeira vez prohibe o seu uso en determinadas materias”. Fronte esta situación, en Queremos Galego recoñeceron o labor de milleiros de pais e nais que se esforzan para “poderen transmitir a nosa lingua, mesmo cun sobrecuste económico”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario