Aproveitando as datas, en plenos exames 
na universidade, o Ministro Wert quere aprobar a hurtadillas un novo 
ataque á Universidade pública. Un ataque que expulsará centos de miles 
de estudantes, que desvalorizará os nosos títulos e que devolverá a 
Universidade aos tempos nos que só unha minoría privilexiada podía 
acceder a ela, pechándonos o paso á inmensa maioría, aos que provimos de
 familias traballadoras.
O Ministro Wert planea aprobar o famoso 
decreto 3 +2 no Consello de Ministros da próxima semana e que entraría 
en vigor, segundo os seus plans, o próximo mes de setembro. Formula 
reducir a tres anos os estudos para obter os títulos de grao, que agora 
son catro anos ou 240 créditos lectivos. A redución dos graos a 180 
créditos ou tres cursos, complementarase coa ampliación a dous anos dos 
masters de pagamento (actualmente un ano) para finalizar os estudos 
universitarios. Isto provocará unha depreciación dos títulos de grao, 
que se converterán en papel mollado no mercado laboral.
Despois duns recortes presupostarios e 
un incremento das taxas de matrículas que expulsaron das universidades 
públicas 45.000 estudantes nos dous últimos anos, segundo datos 
oficiais, os novos axustes presentaranse como unha barreira económica 
insalvable para os fillos dos traballadores. O custo dos masters dun ano
 na Universidade Complutense de Madrid, a primeira en número de alumnos,
 oscila entre 4.000 e 7.000 euros anuais. A partir da entrada en vigor 
do novo decreto, no curso 2015-2016, teremos que afrontar o pagamento de
 dous anos de máster para poder obter un título universitario que sexa 
recoñecido no mercado laboral. Así está claro que será tan só unha 
minoría privilexiada quen poida custearse os estudos universitarios que 
poderán ascender tranquilamente a máis de 20.000 euros. E a outra cara 
desta reforma vén tamén en forma de despedimentos masivos de profesores 
ao reducir os anos de grao. 
O Partido Popular non quere que a educación sexa un dereito e todas as contrarreformas e decretos que están a aprobar van na liña de convertela nun negocio para que uns poucos se fagan multimillonarios. As universidades privadas xa están a fregar as mans con esta nova proposta. Se a día de hoxe o 38% dos postgraos se imparten en universidades privadas, con este novo ataque os petos destes de sempre encheranse aínda máis.
Para o PP sobran universitarios. Queren expulsarnos o mercado laboral o antes posible, sen cualificación, sen gastar un céntimo de euro na nosa educación, para someternos á explotación máis salvaxe nas empresas, botarnos ás listas do paro crónico ou empurrarnos ao exilio económico.
Hai que responder ao goberno coa mesma forza e contundencia coa que nos atacan! Por iso dende o Sindicato de Estudantes imos poñernos en contacto co resto de organizacións estudantís para organizar a resposta da xuventude ante este novo ataque que pretende acabar coa Universidade Pública.

Ningún comentario:
Publicar un comentario