O Colexio Profesional
de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, anunciou
esta semana que vai participar como entidade experta no
desenvolvemento do plan estratéxico do Centro de Investigación en
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, o CITIC da
Coruña. Isto significa, entre outras cousas, que a entidade
profesional que preside Fernando Suárez colaborará arreo na
elaboración da folla de ruta do centro tecnolóxico ao tempo que
achegará a súa experiencia e os seus puntos de vista na
identificación das tendencias tecnoloxías máis acaidas, idóneas e
potencialmente rendíbeis para a nosa terra (dende o CITIC para a
nosa terra). O CPEIG non estará só neste cometido, de feito formará
parte do pano de expertos Asistencia Técnica para a Elaboración dun
Plan Estratéxico para o CITIC.
Po certo que será o
propio presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, quen participe
en representación das persoas colexiadas nas distintas mesas e
consultas previstas para levar a cabo, nun prazo de tres meses, o
devandito plan estratéxico. O CPEIG tamén informou que “agradece
ao CITIC a confianza depositada no colexio para contribuír a deseñar
a folla de ruta do centro tecnolóxico impulsado pola Universidade da
Coruña”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario