A CIG-Ensino esíxelle a Educación que lle pague a este persoal que xa cobra unha cantidades insignificantes.
A Consellaría de Educación segue sen
pagarlle ao persoal que traballa como colaborador nos comedores
escolares de xestión directa o pago dos cinco primeiros meses de curso
(setembro, outubro, novembro, decembro e xaneiro). A CIG-Ensino xa
denunciou no mes de decembro que a Consellaría de Educación continuaba
sen facer efectivo aos centros educativos o pago do gasto dos comedores
de xestión directa correspondente aos meses de setembro, outubro,
novembro, decembro e xaneiro.
A día de hoxe a Consellaría unicamente ingresou o pago para gastos de funcionamento para os comedores pero segue sen pagarlle os seu traballo ao persoal colaborador
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que faga inmediatamente o pago ao persoal colaborador que traballa nos comedores centros. Hai que ter en conta que as cantidades que cobran xa son de por si insignificantes. A CIG-Ensino demanda que se tomen as medidas necesarias para que a este persoal se lle abone a cantidade correspondente todos os meses.
Esta é unha mostra máis da política da Consellaría de Educación de recortes permanentes, de redución e empeoramento dos servizos complementarios e de desconsideración cos seu persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario