O gasto en I+D en España foi de 13.012 millóns de euros en 2013, cun descenso do 2,8% con respecto ao ano anterior. En Galicia o investimento ascendeu a 469 millóns de euros, un recorte do 3,9% con respecto ao ano anterior, pero moito máis importante se o comparamos cos datos de 2010 (532 millóns) ou co máximo acadado en 2008 (584 millóns). En cinco anos o investimento en I+D descendeu 115 millóns de euros en Galicia, case un 20%, pasando de representar o 4% do total estatal a ser o 3,6%.
2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | |
---|---|---|---|---|---|---|
Gasto en I+D | 584.213 | 524.125 | 531.601 | 526.471 | 487.840 | 468.701 |
% sobre o total español | 4 | 3.6 | 3.6 | 3.7 | 3.5 | 3.6 |
Unha das partidas que máis se viu afectada foi a de persoa. Ao remate de 2013 traballaban en actividades relacionadas coa investigación en Galicia 9.386 persoas (medidas en xornadas laborais completas), case 1.500 menos que en 2010. Entre elas o persoal investigador é o que sufriu máis directamente os efectos da austeridade. Dos 6.683 investigadores e investigadoras que en 2010 traballaban en Galicia pasouse a 5.397 tres anos máis tarde, un 19% menos.
2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | |
---|---|---|---|---|---|---|
Persoal en I+D | 9.681 | 9.972 | 10.809 | 10.146 | 9.509 | 9.386 |
Investigadores/as | 5.765 | 6.079 | 6.683 | 6.225 | 5.443 | 5.397 |
Analizando os datos polo miúdo, observamoso como os recortes no campo da investigación afectan a todos os sectores, dende a I+D realizada dende as administracións públicas, ata as empresas ou a universidade. Porén, no sector privado as caídas en investimento ou persoal son mínimas, e por exemplo o número de investigadores e investigadoras pasou de 1.662 a 1.625 entre 2010 e 2013. Pola contra, na administración pública esta destrución de postos de traballo é moi superior (pásase de 937 a 701 en tres anos). E, sobre todo, a sangría prodúcese na universidade; os últimos datos oficiais que ofrece o INE corresponden a 2012, momento no que traballaban 3.100 investigadores e investigadoras, case mil menos que en 2010 (4.082).
Ningún comentario:
Publicar un comentario