A Plataforma reiterou o seu chamamento ás familias para que non envíen nesas datas ás fillas e fillos a facer as probas.
Nais, pais, profesorado e alumnado,
sumáronse este mércores ás concentracións convocadas pola Plataforma
Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o seu rotundo
rexeitamento á LOMCE e ás reválidas que están previstas para os días
11,12 e 13 de maio. Actos nos que a Plataforma reiterou o seu chamamento
ás familias para que non envíen nesas datas ás fillas e fillos aos
centros e demandaron da administración educativa a paralización destas
probas e da propia LOMCE.
En representación da plataforma Anxo Louzao sinalou que nesta
nova campaña emprendida contra a LOMCE e as reválidas “estamos
constatando que se incrementou o rexeitamento por parte do conxunto da
comunidade escolar”. Neste sentido resaltou que ás charlas e actos que
se están convocando por toda Galiza para explicar en que consisten as
reválidas, o seu significado e os obxectivos que teñen, están asistindo
un importante número de persoas interesadas en coñecer o alcance destas
probas.
Atendendo a isto a Plataforma considera que todo indica que os días 11, 12 e 13 a maioría de pais e nais de ensino público non van levar os seus fillos/as a realizar estas probas. “Nese sentido temos que valorar como importante a contestación e a receptividade por parte das familias e do profesorado. De feito a propia administración educativa é consciente diso até o punto de que vén de enviar unha circular a todos os centros co obxectivo de que chegue ás familias facendo louvanzas da bondade destas probas”.
Xunto a isto, Louzao tamén denunciou a actitude da consellaría ao entender que “o lóxico, normal e responsábel por parte dunha administración educativa sería, neste momento, paralizar a súa aplicación e non levar a cabo este tipo de probas, ao igual que están facendo outras administracións educativas”. Máis tendo en conta que estamos nun período de impas xa que están convocadas unhas novas eleccións.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público é importantísimo que o día 11 “sexa un éxito o boicot a estas probas”. Entende que esa data será un punto de inflexión para que non continúe “esta carreira de obstáculos” e que “será aínda máis difícil para as probas de cuarto da ESO e de bacharelato, na medida en que serán imprescindíbeis para acadar as titulacións correspondentes”.
Por iso Anxo Louzao, en representación da Plataforma, fixo facemos un chamamento a que se secunde a proposta “que pasa por que o alumnado non vaia realizar estas probas” para evitar que o sistema educativo se converta nunha competición permanente que “mesmo tería consecuencias á hora de clasificar o alumnado e os centros en distintas categorías”.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público lembrou que a non realización das probas, como a propia administración tivo que admitir, “non ten consecuencia algunha e o que estamos a facer é liberar ao alumnado dun calvario durante tres días”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario