"Cada vez que se xuntan agora máis de tres xornalistas, o encontro despide un aroma fúnebre", comeza dicindo Hermida, que engade que" resulta difícil fuxir da tentación de debullar nun día como o hoxe o longo inventario de calamidades que nos azoutan dende hai tempo" e que "por iso se cadra hoxe é máis necesario que nunca ser optimistas. Aínda que só sexa porque, como dixo alguén, nestes tempos o optimismo converteuse case nunha obriga moral".
"O que estamos a reclamar hoxe non é un dereito noso, senón de toda a cidadanía. A nosa liberdade de expresión é a garantía de que a xente poida estar ben informada. Pedimos por nós para pedir por todos""España xa non foi a mesma dende que se publicaron os papeis de Bárcenas. Galicia xa non foi a mesma despois de que os xornalistas rachasen o bloqueo informativo sobre a catástrofe do 'Prestige'. Non hai nada máis potente que a verdade. Por iso ter un oficio que consiste en contar e desvelar verdades é un agasallo", destaca. "O que estamos a reclamar hoxe non é un dereito noso, senón de toda a cidadanía. A nosa liberdade de expresión é a garantía de que a xente poida estar ben informada. Pedimos por nós para pedir por todos", subliña.
"Hai partes do mundo onde aínda é preciso loitar pola liberdades de prensa e de expresión", di, pero en Occidente "nunca houbo tanta liberdade de prensa e de expresión. A Rede permite case a calquera difundir case calquera cousa". "O que si está en perigo en Occidente é a calidade da información e a independencia dos grandes medios, en mans ou de gobernos - non dos intereses públicos- ou de conglomerados financeiros", destaca.
"Podemos ser optimistas se nos esforzamos en non perder de vista nunca que estamos servindo á sociedade. Non só ás nosas lexítimas ambicións persoais, á nosa carreira, ás nosas aspiracións económicas... Nin sequera á empresa que nos paga""Temos que defender o noso traballo e non consentir nunca poñer o noso nome ao servizo de campañas políticas ou de manipulacións informativas instigadas por escuros intereses", reclama e lembra que "por moitas presións que recibamos, os xornalistas dispoñemos dese dereito último a retirar a nosa sinatura, o noso rostro, a nosa voz".
"Podemos ser optimistas se nos esforzamos en non perder de vista nunca que estamos servindo á sociedade. Non só ás nosas lexítimas ambicións persoais, á nosa carreira, ás nosas aspiracións económicas... Nin sequera á empresa que nos paga", di. "Ao único que nos debemos finalmente é ao dereito dos cidadáns a estaren informados. A información non nos pertence a nós, pertence á sociedade", reitera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario