O manual dirixido a estudantes de Terceiro de ESO, Bioloxía e
Xeoloxía da Editorial Santillana recolle como definición de violencia de
xénero: "Malos tratos físicos ou psicolóxicos que sofre unha persoa por
parte de persoas do sexo oposto que tratan de exercer sobre ela algún
tipo de abuso ou violencia.”
No mesmo apartado afirma que "é frecuente que se trate de violencia
exercida polo home sobre a muller no ámbito familiar aproveitando a
intimidade do fogar”. “Así mesmo, existe violencia exercida por mulleres
sobre as súas parellas".
O contido dirixido a adolescentes de 14 e 15 anos está a mesturar a
violencia de xénero coa violencia doméstica –a que se produce no fogar a
mans de homes, mulleres, fillos...–. Tal e como explica a Lei Integral
contra a Violencia de Xénero de 2014 na súa exposición de motivos, este
"non é un problema que afecte o ámbito privado. Ao contrario,
maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa
sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe contra as mulleres
polo feito mesmo de selo".
De igual forma, CEAPA, a Confederación Española de Asociacións de
Nais e Pais do Alumnado, pide a retirada do libro de Primeiro curso de
Bacharelato “Economía” da Editorial Almadraba.
Este manual contempla como factores causantes do desemprego:
- “A incorporación da muller ao mundo laboral incrementou considerablemente a oferta de traballo dispoñible”.
- “A chegada aos países industrializados de man de obra dos países do
Leste, de Asia, de Suramérica e dos países subdesarrollados
intensificou o paro”.
O contido destes libros de texto expón que hai máis persoas activas
porque as mulleres pasaron de realizar só labores domésticos a
desenvolver ademais profesións remuneradas, cuestionando o seu papel
como persoa con plenitude de dereitos, do mesmo xeito que carga cara á
poboación inmigrante nunha clara mensaxe xenófoba dirixido á poboación
estudantil, mensaxes propias de correntes neoliberais que non defenden
os Dereitos Humanos, nin as liberdades fundamentais das persoas.
Este manual de Economía cuestiona de forma pouco sutil as prestacións
e axudas por desemprego e recolle: “Grazas a estas axudas, as persoas
poden adoptar unha postura máis sosegada á hora de buscar emprego”.
Outro dos motivos ao que fai referencia é á rixidez dos salarios que
impide a autorregulación do mercado mediante a oferta e a demanda que
fai que o mercado alcance o equilibrio, culpando ao Estado por fixar un
salario mínimo superior ao que determinaría o mercado. As organizacións
sindicais tampouco escapan ás críticas xa que segundo este manual teñen o
seu parte de culpa xa que “o seu obxectivo principal é mellorar as
remuneracións dos seus afiliados.”
O Ministerio de Educación é responsable de velar para que os contidos
que se dan no ámbito educativo respecten a legalidade, a Constitución
as liberdades fundamentais e os dereitos humanos así como a integridade
das persoas, e vemos con demasiada frecuencia como as organizacións e ás
veces as persoas a título particular denuncian o incumprimento
sistemático destes principios nos manuais que forman ao colectivo
estudantil de todas as idades e etapas.
Por estas razóns CEAPA, presentará a correspondente denuncia, esixindo as oportunas explicacións e responsabilidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario