A bióloga coruñesa Alba Aguión xa é a subcampeoa do mundo de
monólogos científicos. Só o representante de Malasia logrou impoñerse á
galega na final mundial do certame Famelab, celebrada no Energy Arena de
Chestelham, no Reino Unido.
Aguión
mudou desta volta o seu monólogo e elixíu como tema unha defensa das
cigarras, sempre mal vistas nos contos populares fronte ás formigas.
Nunha actuación en inglés, a bióloga galega, que xa foi a campeona de
España neste certame, gañou o aplauso e as gargalladas do público.
Exipto, Australia, Grecia, Estados Unidos, Reino Unido, Suráfrica, Italia, CAtar, Malasia, Polonia e Chipre foron os seus rivais na final, tras clasificarse en semifinales.
Alba Aguión, de 26 anos, é colaboradora de GCiencia, con artigos na bitácora ‘Ecoloxía Azul’. Famelab é un concurso internacional que pretende fomentar a divulgación científica a través de monólogos e que cultivou un gran éxito nos últimos anos, xa que desde 2007 celébrase en 25 países do mundo coa participación de máis 5.000 investigadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario