xoves, 23 de xuño de 2016

O Clube dá Lingua presenta o CD Camballón Mix

O IES Marco do Camballón celebrou con música o final de curso, cunha Festa dá Lingua. O evento serviu para presentar o CD Camballón Mix, con 17 temas de música actual de diferentes estilos. Durante o acto, que tivo lugar no auditorio municipal, actuaron varios regueifeiros. Por certo, o centro educativo soubo onte que para o próximo curso poderase impartir como materia de libre configuración "Regueifa e improvisación oral en verso". O curriculum aprobado é froito do traballo que desenvolveu este centro en colaboración co IES de Baio. A Festa dá Lingua contou, ademais, con dúas raperos e Malandrómeda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario