A ANPA do IES Rosalía de Castro en colaboración coa Universidade de Santiago organiza esta semana un campus científico no que estudantes de 3º e 4º da ESO participan en diversas actividades coa fin de que coñezan e traballen na contorna universitaria.
O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, inaugurou esta mañá o Campus STEM na Facultade de Bioloxía,
onde continuaron cun experimento sobre os microbios (cuxos resultados
coñecerán o venres) e asistiron a unha charla sobre solos.
Nas seguintes xornadas participarán nunca xincana de química,
nun roteiro histórico e paisaxístico pola cidade e experimentos
físicos, sobre intelixencia artificial a través dos algoritmos
evolutivos e sobre tratamento de augas residuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario