A edición en Galicia só sobe na provincia de Ourense (+12,8%), mentres cae en Lugo (-43,9%), A Coruña (-17,8%) e Pontevedra (-7%)
A produción de libros en galego descendeu un 3,1% en 2015, fronte ao incremento da edición en valenciano nun 22,2%, en catalán nun 13,3% e en euskera nun 8,5%.No conxunto estatal, o 84,7% dos libros editáronse en castelán; o 10% en catalán, o 1,9% en galego, o 1,7% en valenciano e esta mesma porcentaxe en euskera, segundo unha estatística difundida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ademais, o 7,1% restante das publicacións realizouse en idiomas estranxeiros, entre os que o inglés foi o maioritario, cun 3,3% do total.
A produción de libros en papel e formato dixital en Galicia só alcanzou cifras positivas en 2015 na provincia de Ourense, onde aumentou un 12,8%.
Do lado contrario, a provincia de Lugo foi na que máis descendeu a produción de libros en 2015, un 43,9%; seguida por A Coruña, cun 17,8%; e Pontevedra, cunha caída do 7%.
TRADUCIÓNS
En xeral, as traducións descenderon un 21,1%, cun total de 12.858 libros traducidos en 2015 fronte aos 16.301 do exercicio anterior. A lingua máis traducida é a inglesa, que supón o 51,7% das obras traducidas.
En España, a produción aumentou en papel e en formato dixital nun 0,2%. En concreto, a edición dos libros en papel incrementouse nun 0,4% e supuxo o 71,9% do total.
Mentres, a distribución noutros soportes descendeu un 0,3%. Dentro desta categoría sitúanse os libros dixitais, a difusión da cal incrementouse nun 2,9% -publícanse en maior medida en formato 'Pdf'-.
A edición privada representou o 91% por cento do total da produción editorial e, en 2015, incrementouse nun 1,4%. Mentres, a edición de carácter público descendeu un 10,6%, ata o 9% do total.
VARIACIÓN POR SUBSECTORES
En relación aos subsectores de edición, as publicacións en libros de texto aumentaron nun 15,3%, as de ciencias e tecnoloxía nun 14,7% e as de libros infantís e xuvenís nun 5,5%.
Así mesmo, a produción de libros de tempo libre descendeu nun 11,8%; seguida pola de ciencias sociais e humanidades, que experimentou unha caída do 4,8%, e a correspondente aos de creación literaria, que descendeu nun 4,4%.
A maior parte da edición concentrouse en obras de ciencias sociais e humanidades, que supuxeron un 32,2% do total; seguidas polas de creación literaria, cun 20,9%; e os libros de texto; cun 14,2%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario