É unha das nais empeñadas en que o CEIP O Calvario (Queixas-Cerceda) non feche, como pretende Educación. Defende o valor que este modelo ten para os nenos, as familias e o propio rural. “Somos como unha familia, por iso estamos animados a dalo todo para que non a fechen”.
Esta segunda feira a Consellería de Educación
informaba á mestra do CEIP O Calvario que o vindeiro curso esta
unitaria da parroquia de Queixas, no concello de Cerceda, non seguiría
en funcionamento. “Foi unha sorpresa”, lembra Sonia Otero,
unha das nais con crianza no centro, en conversa con Sermos Galiza.
“Pero xa desde ese día nos puxemos en movemento”. Ao día seguinte foron
ao Concello para recabar o apoio da corporación, trasladándolles a
concelleira de Educación o seu apoio.
“Con menos de 6 alumnos din que o centro non pode seguir aberto. Nós para o curso non acadamos ese número, mais para o seguinte, si”, argumenta. Os nacementos nestes anos e o compromiso dos proxenitores de inscribir os nenos no CEIP cando teñan idade garante acadar esa 'ratio' nun exercicio. Mais o temor das familias é que se o CEIP bota a chave un ano a unitaria xa non volverá abrir as portas pois recolocarán os nenos noutros centros. Sonia Otero pon exemplos doutros CEIP (“Cereixo en Vimianzo e Taboada en Carballo”), que non se fecharon a pesar de non reunir nun curso o número de abondo de alumnos. Mantivéronse abertas igiualmente eses anos e nos seguinets xa recuperaron a cifra de alumnado establecido por lei. “Que puntualmente non acades ese número un curso non debería levar a fechar un centro, e máis se que nos seguintes si vas ter ese número”.
Os pais e nais xa puxeron en marcha un Faceboock e recoñecen que están a recibir apoios e ánimos non só de Cerceda senón tamén doutros puntos de Galiza. “Xente que se pon en contacto porque ten unha problemática igual”, sinala Otero, que considera que “como unitarias deberiamos procurar algún tipo de unidade para facer fronte a estes problemas”.
Modelo de proximidade
Defende a unitaria como un centro integrado no seu entorno. Un modelo que se semantela aquí mentres en países europeos apóstase nela con decisión. “Os nenos son como unha pequena familia, os máis grandes ensinan aos máis pequenos, aprenden todos...” Ao tempo, establécese unha rede máis estreita entre os pais e nais das crianzas, así como toda a comunidade escolar e o entorno onde se asenta.
Esta cuarta feira Núñez Feijóo visitou unha empresa de Cerceda, cercana a onde está a unitaria do Calvario. Alí foron pais e nais para expoñerlle as súas demandas e peticións. Non poideron, mais iso non minguou o seu ánimo. “Estamos máis que animados”, afirma, “non imos estar calados nin baixar os brazos”, anuncia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario