- O sindicato defende que as empresas galegas e españolas non compitan pola vía dos baixos custos, senón apostando polo valor engadido
Comisións Obreiras (CCOO)
impulsará o cambio de modelo educativo e industrial de Galicia. A
secretaria xeral da Federación do Ensino, Luz López, o seu homólogo de
Industria, Víctor Ledo, e a secretaria nacional de Emprego, Maica Bouza,
presentaron esta mañá accións conxuntas neste sentido e defenderon a
necesidade de que os Gobernos e os actores económicos e sociais «tomen
conciencia deste reto».
López e Ledo explicaron que o sindicato impulsa un debate para achegar
propostas que xeren unha maior cooperación entre o mundo do traballo e a
sociedade. Ao tempo, en Europa xa se traballa sobre a necesidade de
situar a industria e a educación no centro dun novo modelo produtivo,
orientado cara á chamada «industria 4.0»; en España, pola contra, só se
empeza agora a falar desta cuestión.
Actualmente, o tecido produtivo galego, como o español, está marcado polo «deficiente» investimento en educación ou o «reducido» gasto en I+D+i, o que deixa Galicia e España afastadas dos países máis avanzados.
Segundo os voceiros de CCOO, as empresas galegas nin poden nin deben competir pola vía dos custos salariais, senón xerando maior valor engadido nos seus produtos. Isto conseguirase incorporando máis coñecemento, máis tecnoloxía e mellores procesos. Para lograr este obxectivo salientaron a importancia da innovación, a competencia dixital ou o desenvolvemento de novas capacidades para novos empregos, que deberán contar con alta cualificación para evitar desigualdade respecto dos países «que tomaron xa a dianteira».
Accións para desenvolver
As accións que se van desenvolver desde CCOO procurarán que a sociedade tome conciencia da necesidade de potenciar a industria para mudar o sistema produtivo, así como da influencia desta no sistema educativo. Tamén se salientará o impacto do desenvolvemento industrial no emprego de calidade, que deberá acompañarse de cambios educativos que fagan posible a mudanza. Así mesmo, difundirase a contribución do I+D+i na formación profesional, en secundaria e nos estudos superiores na Universidade.
Durante os vindeiros meses, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, coa implicación das distintas federacións —especialmente CCOO-Ensino e CCOO-Industria—, convocará xornadas de traballo, mesas redondas e sesións de debate; tamén se porán en contacto con equipos docentes, asociacións de estudantes, entidades públicas e privadas, universidades e centros de formación profesional. «O sistema educativo ten que formar parte activa do cambio do modelo produtivo», sentencian López e Ledo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario