Alumnos de 2º de ESO do IES Laxeiro reciben o premio 'Clases sen fume' por un vídeo.
A clase de 
segundo C de ESO do IES Laxeiro foi premiada no certame organizado pola 
consellería de Sanidada, "Clases sen fume", co primeiro premio dentro da
 cateogoría de actividade creativa. Os estudantes lalinenses 
participaron cun vídeo titulado Deas-Marca-Che do Tabaco, supervisado 
polos profesores Manuel Busto e Ana Gulías, que utiliza o nome de 
distintas marcas de tabaco para contrapublicitar o seu consumo en todas 
as idades.
Estudantes da clase de segundo C de ESO do IES Laxeiro de Lalín 
foron galardoados co primeiro premio da categoría de actividade creativa
 do programa Clases sen fume, impulsado pola Xunta para 
distinguir aos mellores proxectos de prevención do tabaquismo realizados
 por alumnos galegos co obxectivo de concienciar á sociedade de previr 
esta adicción entre os adolescentes. Os profesores Ana Gulías e Manuel 
Busto foron os encargados de coordinar un proxecto que cristalizou nun 
vídeo titulado Deas-Marca-Che do tabaco, que xoga cos nomes dos paquetes para contrapublicitarlas."Este ano démoslles a opción de votar para elixir o que querían facer, e optaron por un vídeo que nun principio ían ser pequenos sketch graciosos en torno ao tabaco, pero despois de tres sesións non xurdían as ideas", explicou onte Manuel Busto sobre a iniciativa premiada o martes en Santiago de Compostela. "Eu suxerinlles a idea final, que era traballar co nome das marcas de tabaco baixo o título de Deas-Marca-Che do tabaco, e facerlle contrapublicidad ás marcas de tabaco".
A peza de máis de tres minutos de duración contou coa participación de 27 mozos de ambos os sexos moi involucrados no proxecto. "Isto obrígalles a asinar un compromiso de que durante o seis que durou o concurso non van probar o tabaco", engadiu o profesor Busto. Deuse a circunstancia de que durante a espirometría realizada por parte de facultativos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), tanto ao comezo do concurso como ao final do mesmo, só dous alumnos deron positivo no proxecto do IES Laxeiro. Eses dous alumnos serán os únicos que non poderán gozar da viaxe ao complexo xuvenil de Gandarío do 27 de xuño ao 1 de xullo próximos, que é no que consiste o premio deste certame convocado pola Consellería de Sanidade.
Busto ten claro que "lle deron o premio a unha clase excelente de alumnos; academicamente, a maioría son moi bos, onde unha ducia deles teñen notas medias superiores ao notable". O ano pasado parte deles participaron nese concurso e conseguiron o premio dunha viaxe ao Aquapark de Cerceda, algo que os estimulou para volver competir na presente edición. Tanto que superaron con fartura as expectativas previas. Pensaban repetir en Cerceda, pero o que nunca podían imaxinar é que se alzarían co máximo galardón, o que, como colofón ao ano académico, levaralles ás praias do municipio de Bergondo.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario