mércores, 29 de xuño de 2016

O CPEIG estará presente en Mundos Dixitais

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de ser elixido como moderador no encontro New media. New challenges que terá lugar o 16 de xullo no PALEXCO da Coruña inserido no festival Mundos Dixitais. Será o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, quen exercerá de moderador nesa xornada, concibida “coma unha viaxe por un mundo exponencial, onde cada década marca unha velocidade de avance no sector audiovisual cada vez maior. Unha viaxe que comeza coa capacidade de comunicarse do ser humano e que hoxe “descobre novas linguaxes a través da tecnoloxía, segundo sinala a organización”.
Como expertos intervirán os seguintes relatores: Manuel Meijide, directo de ILUX Visual Technologies, compañía especializada na visualización avanzada e novos media; Roberto Romero, que traballa en proxectos para a nova realidade virtual e foi nomeado Global Shapper en 2013 polo World Economic Forum; o profesor Ximo Lizana, premio Nacional de Arte Contemporánea, asesor tecnolóxico das principais axencias publicitarias internacionais; e María Porto, co-fundadora de Aqualim xunto con Manuel Meijide, empresa que asesora a máis de 40 grandes corporacións internacionais e crea tecnoloxía que tardará entre 10 e 15 anos en chegar ás canles de comunicación convencional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario