O gasto dos fogares galegos incrementouse en 2015 por segundo ano consecutivo en termos globais
e tamén o fixo a respecto do exercicio anterior no que atinxe á media
de cartos gastada por cada fogar. Os datos máis recentes de orzamentos
familiares, que o INE vén de facer públicos, indican que en cada fogar
do país se gastou, de media, 26.475 euros durante o pasado ano, uns 460
máis que en 2014, e que os fogares galegos no seu xunto gastaron uns 600
millóns máis que nos doce meses precedentes, ata quedar un chisco por
riba dos 28.400 millóns. No entanto, unha ampliación do foco ata antes
do inicio da crise permite coñecer que durante os anos de dificultades
económicas o gasto global dos fogares só aumento naqueles sustentados
non nas rendas do traballo, senón nos que tiveron o seu sustento en
pensións e subsidios.
Alén do "canto", a enquisa de orzamentos familiares tamén responde ao "que", isto é, o destino dos gastos dos fogares. Así, segundo esta enquisa, no último ano o gasto medio por fogar aumento en Galicia nas compras de alcol e tabaco, un 11%, e tamén aumentaron os gastos correntes das vivendas, case un 6%, e máis significativamente os cartos das familias destinados á saúde, un 8%, e ao ensino, case un 15%, incremento que o INE atribúe ao gasto en universidades malia ao mantemento das taxas galegas. Mentres, o gasto en espectáculos e cultura tamén aumentou, un 10%, e as achegas para bares e restaurantes tamén o fixeron, aínda que moito máis levemente, un 0,4%.
Malia ao descenso dos dous últimos anos, o gasto dos fogares sustentados por pensións aumentou 2.000 millóns dende 2008No ano 2008, considerado o do inicio da crise, os fogares galegos sustentados en salarios do traballo por conta allea gastaron case 16.000 millóns de euros. En 2015, tras tres exercicios de incremento, apenas superaban os 13.000. No que atinxe aos fogares sustentados en rendas e no emprego por conta propia, os 5.200 millóns de 2008 eran en 2015 case mil millóns menos. Mentres, os 11.000 millóns de gasto procedentes de fogares mantidos polas pensións están máis de 2.000 millóns por riba do gasto de 2008 malia levar descendendo dous anos consecutivos, os dous que leva en vigor a norma do Goberno de España pola cal as pensións de xubilación están desligadas do incremento dos prezos.
O gasto medio por fogar descendeu máis nas familias que viven do traballoA variación do gasto total dos fogares non é, así e todo, idéntica ao do valor medio do gasto por cada fogar. Este indicador descendeu durante a crise nos tres grupos de fogares, pero cunha intensidade moito menor nos que apoian os seus gastos en pensións. Así, nos fogares que viven dos salarios o gasto medio reduciuse dende 2008 en case 5.000 euros, un 12,53%, e nos que se apoian nas rendas ou no traballo por conta allea, o descenso foi superior aos 3.500 euros, algo máis do 10%. Mentres, nos fogares mantidos por pensións ou subsidios o retroceso medio foi de 1.079 euros dende 2008, un 4,8%.
Alén do "canto", a enquisa de orzamentos familiares tamén responde ao "que", isto é, o destino dos gastos dos fogares. Así, segundo esta enquisa, no último ano o gasto medio por fogar aumento en Galicia nas compras de alcol e tabaco, un 11%, e tamén aumentaron os gastos correntes das vivendas, case un 6%, e máis significativamente os cartos das familias destinados á saúde, un 8%, e ao ensino, case un 15%, incremento que o INE atribúe ao gasto en universidades malia ao mantemento das taxas galegas. Mentres, o gasto en espectáculos e cultura tamén aumentou, un 10%, e as achegas para bares e restaurantes tamén o fixeron, aínda que moito máis levemente, un 0,4%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario