xoves, 19 de marzo de 2015

O Correlingua 2015 xa conta con Manifesto

Xa botou a andar o manifesto do Correlingua 2015. O grupo gañador foi o de 4º da ESO do CPI de Pontecesures, que se presentaron ao concurso de manisfeto sob o pseudónimo @s bokaneir@S.
Consulta aquí o manifesto gañador do Correlingua 2015.
O Correlingua está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG- Ensino, os concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo xunto coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ten como lema nesta 15ª edición Galego, a nosa creación común co que  percorrerá en maio as principais vilas e cidades galegas coa participación de miles alumnas e alumnos de todos os ciclos educativos de toda Galiza, que disfrutarán de diferentes actuacións musicais
Inscríbete aquí no Correlingua 2015
Consulta aquí o calendario do Correlingua 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario