Para as persoas que desexen ampliar e potenciar as súas
capacidades nos eidos da creatividade, do traballo en equipo, a comunicación e
da intelixencia emocional tirando proveito da versatilidade do Design Thinking nace unha nova proposta
de obradoiros que achegan un novo enfoque na resolución de problemas,
baseándose na participación colectiva e na experimentación, achegando
ferramentas eficaces na toma de decisións baseándose na experimentación e no testeo.
Deste xeito temos Designthinking.gal, un
espazo colaborativo formado por un equipo multidisciplinar con ampla
experiencia profesional e docente que busca suplir certas carencias formativas,
para o que instrúen sobre a metodoloxía Design
Thinking ou pensamento de deseño,
que busca resolver problemas complexos e detectar necesidades de mercado,
achegando enfoques diferentes e testeando o produto, marca ou servizo antes de
comercializalo ou poñelo en práctica, ao que tamén suman técnicas de creatividade
e de traballo en equipo, así como técnicas de comunicación.
Este proxecto formativo conta actualmente cun equipo formado polo psicólogo
empresarial José Ramón Rodríguez, o deseñador de produto Marcos Saavedra, o
enxeñeiro de deseño Enrique Saavedra, o xornalista e filólogo Miguel Seoane, a
técnico en investigación cualitativa Yolanda Iglesias e a psicóloga social Sara
Marsillas, que neste momento ofertan formación específica en Pensamento Creativo, Story Telling (ou venda
emocional) e Design Thinking a través de distintos obradoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario