Unha das galardoadas negou o saúdo ao secretario xeral de Política lingüística mentres portaba un cartaz demandando "máis apoio real" para a lingua propia. VÍDEO NO INTERIOR.
Andrea Martíns protagonizou esta terza feira os premios á calidade lingüística que outorga a USC anualmente. Estes galardóns premian a calidade lingüística do estudantado nos traballos fin de mestrado. E na súa entrega estivo presente Valentín García, responsábel da área de política lingüística do goberno galego.A estudante, unha das galardoadas, negou o saúdo ao secretario xeral cando lle foi entregado o diploma. Ao tempo, portaba ás súas costas un cartaz no que se podía ler "Xunta, menos postureo e máis apoio real para o galego".
Desta maneira, Martíns quixo facer constar o seu rexeitamento á política lingüística do goberno de Feijóo. "Paréceme unha hipocrisía que o secretario xeral no seu discurso fale da importancia de promover a lingua galega após aprobaren un decreto que o exclúe" como lingua vehicular "en determinadas materias" ou logo de "despedir o profesorado dos cursos Celga", asegurou Andrea Martín.
Tampouco se esqueceu a estudante galardoada da "perda de falantes" que reflicte o último estudo elaborado polo IGE ou das "dificultades de calquera persoa para desenvolver a súa vida en galego".
Podes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario