A AMTEGA convoca
máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en
competencias dixitais en ofimática (CODIX).Esta convocatoria, publicada
hoxe no Diario Oficial de Galicia, está orientada a aquelas persoas que xa
posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o
módulo formativo MF0233_2 Ofimática
baixo o paquete de LibreOffice.
O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán
os días 28, 29 e 30 de abril en diversas quendas de mañá e tarde a celebrar nas
aulas CeMIT dos seguintes 35 concellos: Abegondo Ames, Betanzos, Boiro, Brión,
A Coruña, Narón, Narón, Oroso, Ortigueira, As Pontes, Porto do Son, Ribeira,
Santa Comba e Santiago Compostela na provincia de A Coruña; Barreiros,
Carballedo, A Fonsagrada, Ribadeo e Sarria na provincia de Lugo; O Barco,
Castrelo de Miño, Celanova, Ourense, Verín e Xunqueira de Ambía na provincia de
Ourense, e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Pontevedra,
Tomiño, Valga, e Vigo na provincia de Pontevedra
Esta convocatoria forma parte da previsión recollida no Plan
de formación da rede CeMIT para este ano 2015 de realizar en cada semestre un
curso de teleformación titorizado, que xa foi publicado en febreiro, e unha
convocatoria de exames presenciais, como a publicada hoxe, para aqueles
cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou opten pola modalidade
autoformativa.
A vindeira semana comezará o curso de teleformación
titorizado ao que están chamados os 180 cidadáns que obtiveron praza na
primeira convocatoria do 2015, á que se presentaron máis de 1.300 solicitudes.
O curso rematará a mediados do mes de xuño coas súas probas de avaliación.
A esta edición sumase a presente convocatoria de probas
libres de avaliación, acadando neste primeiro semestre preto de 700 prazas para
a obtención do CODIX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario