mércores, 18 de marzo de 2015

24 de marzo: Folga no ensino! Non ao 3+2!

As organizacións estudantís nacionalistas Comités, Agir e a Liga Estudantil Galega lanzamos unha convocatoria de folga para estudantes de ensino medio e universitario para o vindeiro día 24 de marzo. Despois do éxito da pasada folga do 26 de febreiro, desde as nosas organizacións adherímonos á convocatoria dos sindicatos de profesorado universitario, para facernos oír, máis unha vez, nas rúas da Galiza, mostrando o noso rexeitamento aos novos cambios que pretende aplicar o PP no sistema universitario.

NON AO 3+2! NON Á EU2015!

O 24 de marzo saímos á rúa contra os recortes no ensino, contra as reformas universitarias que o PP aproba sen consenso algún!

MANIFESTO.

http://www.cig-ensino.gal/descargas/CIG-INFORMA%20Folga%20na%20universidade%2024%20de%20marzo.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario