Despoboamento e avellentamento poboacional marcan a realidade xeodemográfica galega. No semanario en papel que saíu do prelo esta quinta feira analizamos as súas causas, consecuencias e posíbeis solucións.
Os dados demográficos de Galiza evidencian, a 1 de xaneiro de 2014, o avellentamento da poboación galega. Dos 314 concellos do noso país, 216 contan con máis persoas maiores de 65 anos que mocidade e crianzas (019 anos). Aliás, entre 2013 e 2014 o Instituto Galego de Estatística (IGE) rexistra unha diferenza entre defuncións e nacementos que perpetúa o saldo vexetativo en negativo (10.706), tendencia que se mantén desde 1986. A emigración xuvenil desde o estourido da crise económica incrementouse de maneira notábel. Segundo o INE, nos últimos cinco anos o número de persoas menores de 35 anos caeu 11 puntos (115 mil persoas).Esta realidade demográfica –marcada polo avellentamento, a baixa natalidade e a emigración– tradúcese nun forte despoboamento e na concentración da poboación arredor das áreas urbanas e metropolitanas do país. Así, segundo recolle o analista Carlos Neira no seu blogue, Calidonia Hibernia, a finais de 2013 “máis de 3.000 lugares” quedaron sen xente ou “en risco de o estaren de xeito inminente (menos de 3 habitantes)”.
Cales son as consecuencias xeodemográficas, económicas e sociais desta realidade? É posíbel revertela? Cales son as alternativas? Da man dos doutores e profesores da USC, Valeriá Paül Carril (Xeografía), Manuel Domínguez (Economía Aplicada) e a poeta e integrante de A porta verde do sétimo andar, María José Fernández, analizamos a crise demográfica e as súas (posíbeis) solucións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario