luns, 23 de marzo de 2015

BNG pide a demisión de Valentín García ‘’por se rir de todas nós’’ no conflito do Celga

Ana Pontón emprazou o secretario xeral de Política Lingüística a rectificar a súa actuación sobre o profesorado Celga ‘’após 36 sentenzas que lle dan a razón a estes traballadores’’.

O BNG volveu solicitar a demisión do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, por mor da xestión do conflito da administración co antigo profesorado Celga. Na Comisión de Educación e Cultura a deputada nacionalista Ana Pontón lembrou que había até 36 sentenzas xudiciais que daban a razón aos traballadores do Celga, polo que emprazou o secretario xeral a rectificar a súa actuación a este respecto. “Vai a Xunta readmitir ou non a estes profesores?”, interpelou a parlamentar. Mais Valentín García respondeu que Pontón só estaba a contar “unha parte da realidade” e que había tamén resolucións xudiciais que daban a razón á Xunta. Ademais, retrotraeu o conflito a tempos do Bipartito e afirmou que “non podemos contratar a persoas que non pasaron ningún proceso electivo”.
Na súa quenda de réplica Pontón recriminou a García que insinuase que o que pedían estes traballadores que “os enchufen” e lembrou que se, tal e como a osan as sentencias, existía relación laboral entre eles e a Xunta esta ten que crear a praza e despois sacala a oposición. “Non insista en que a culpa é dos demais”, manifestou a deputada nacionalista, que pediu a García que demitise “porque se está a rir de todas nós” e por “crear un problema grave” por non querer se sentar a procurar unha solución coas persoas afectadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario