A equidade educativa en Galicia é "media-baixa" segundo o estudo elaborado por Save the ChildrenSegundo esta táboa, Melilla, Canarias, Murcia, Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha, Ceuta, Baleares e Canarias estarían peor que Galicia en canto a esta equidade educativa, mentres que Euskadi, Madrid, Cataluña, Navarra, Aragón, A Rioxa, Cantabria e Asturias -por esta orde- encabezarían o ránking e situaríanse por riba da autonomía galega. Xa que logo, terían un maior grao de coherencia e pertinencia nas súas políticas públicas en materia educativa.
Save the Children baseouse en indicadores como os servizos en educación, os coidados en primeira infancia, o tempo de permanencia no centro en Primaria e Secundaria, a cantidade ou calidade das infraestruturas e materiais, a cantidade de centros con comedor ou a taxa de abandono escolar temperán. Tamén tivo en conta a asistencia dos rapaces a cinema, teatro ou museos, o tempo dedicado á televisión, a práctica regular de depore ou a dispoñibilidade de libros na casa.
Tras debullar e cruzar todos estes datos, a ONG elaborou unha clasificación onde 1 equivale á peor nota e 19 á mellor. E a conclusión foi clara: as comunidades con máis pobreza infantil son tamén as que se sitúan nos últimos postos do ránking de equidade educativa. A puntuación de Galicia sitúase nos 9,4 puntos, case no medio, a máis de seis puntos de Euskadi (primeira na táboa con 16,2) e con cinco puntos máis que Canarias (a última autonomía, cun 4,4) e algo máis de cinco por riba de Melilla, cidade autónoma e peor territorio neste ámbito.
Galicia sitúase nun nivel medio, moi por baixo de comunidades como Euskadi pero moito mellor doutras como as CanariasNo caso galego, a equidade educativa no país é "medio-baixa" tanto de ter en conta esta igualdade no ámbito escolar como fóra del. No primeiro caso, a puntuación de Galicia descende aos 8,9 puntos, mentres que se mantén nos 9,9 no segundo caso. Aínda así, o estudo dá unha alta puntuación ás políticas a prol da equidade educativa, que se situarían nun nivel "medio-alto". É fóra da escola onde estas políticas públicas -que acaban influíndo no rendemento escolar- levan un suspenso.
O estudo aproba as políticas públicas a prol da equidade na escola, pero suspende as levadas a cabo fóra delaCon todo, o estudo destaca que esta disparidade na equidade fóra e dentro da escola agravouse en Galicia "ante a falta de actuacións axeitadas e/ou suficientes".
Para Save the Children, resulta evidente que as políticas de equidade son as que compensan as fendas sociais e as que reducen a desigualdade de oportunidades que moitos nenos sofren nas distintas autonomías. Así, advirten de que, malia que a educación é gratuítaata os 16 anos, hai uns "gastos ineludibles e custos ocultos da educación", como o material escolar, o transporte, as visitas culturais ou as excrusións, que son as que xeran esta desigualdade.
Os efectos dos recortes no ensino
"Estamos a asistir a procesos de exclusión educativa relacionados co empeoramento das condicións de vida dos fogares nas que viven as persoas en idade escolar", di a ONG, que lembra que os recortes en educación nas administracións coa chegada da crise provocou o aumento do número de nenos con necesidades e do gasto medio por fogar en ensino.Galicia, malia todo, non saca mala nota, aínda que ten aspectos moi mellorables. Tal e como lembro o informe, o 25,9% da poboación galega entre 0 e 17 anos atópase en risco de pobreza ou exclusión social, fronte ao 32,6% da media estatal. Pero hai moitos máis datos e con máis detalle. Tal e como recolle o informe, a comunidade galega sitúase entre as autonomías con mellor taxa de escolaridade entre os nenos de entre 0 e 2 anos -só superada por Madrid e Euskadi- e ocupa un posto medio en canto á porcentaxe de centros con comedor (o 64%), a vinte puntos da taxa de Madrid pero case á mesma distancia doutros territorios como Castela-A Mancha ou Estremadura.
Galicia sitúase nos últimos postos en canto ás infraestruturas dos centros escolares e no acceso a InternetNon sae tan ben parada Galicia no índice que mide as condicións de habitalidade e as condicións das infraestruturas dos centros escolares, onde oito comunidades teñen claramente mellores datos. En canto á porcentaxe de aulas con acceso a Internet, a autonomía galega chega ao 84% segundo os últimos datos do Ministerio de Educación que recolle a ONG, pero só Canarias, Asturias e Andalucía teñen unha menor implantación da Rede nos colexios.
No que se refire á taxa de abandono escolar, tan só Euskadi cumpre xa co obxectivo da UE para o 2020 cun 10%. Galicia está aínda no 20% de poboación de entre 18 e 24 anos que non completaron a segunda etapa de Secundaria e non continúa os estudos. Onde si suspende a comunidade autónoma é no que se refire á asistencia ao cinema, teatros ou outros espectáculos, así como na visita a museos, bibliotecas ou semellantes.
A comunidade galega sae mal parada de ter en conta a asistencia dos nenos a cinema, teatro, museos ou bibliotecasNeste último caso, Galicia sitúase entre os tres últimos postos, moi lonxe da media do gasto familiar estatal nestes ámbitos, mentres que case outro tanto ocorre co gasto en cinema ou teatros. Pola contra, os nenos galegos son dos que menos tempo pasan con vídeoxogos e diante da televisión de entre o conxunto de rapaces de toda España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario