mércores, 6 de novembro de 2013

Os estudantes volverán á rúa contra a Lomce o próximo día 20

A Plataforma Estatal pola Escola Pública anunciou este martes que organizará novos actos de protesta e mobilizacións o próximo 20 de novembro para rexeitar o proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que ese mesmo día será sometido a votación no Senado. Os estudantes, pola súa banda, convocaron unha xornada de folga.
En concreto, e de acordo coas informacións que recolle a axencia Europa Press no seu portal web, as asociacións de pais de alumnos e os sindicatos docentes que integran a plataforma porán en marcha un acto o día 20 pola mañá para visibilizar "a volta á educación en Branco e Negro", é dicir, ao "período predemocrático" que na súa opinión, suporá a aprobación da reforma educativa.
Así mesmo, celebrarán manifestacións en distintas cidades ao longo de toda a xornada convocadas polas respectivas plataformas territoriais en defensa da escola pública contra a política do ministro de Educación, José Ignacio Wert, tanto en materia de reformas como de axustes orzamentarios.
Pola súa banda, o Sindicato de Estudantes, que tamén forma parte da Plataforma, chamou á folga o alumnado de todas as etapas educativas para esa mesma xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario