xoves, 14 de novembro de 2013

As guías docentes en galego

Son cada vez máis os departamentos que optan por publicar a súa documentación en castelán ou en inglés. Coa escusa da transferencia entre diferentes universidades de coñecementos, os departamentos esquécense de empregar a nosa lingua e tamén se esquecen de por as guías docentes das nosas materias en galego.
Segundo as normativas das tres universidades galegas, é un dereito do estudantado poder dispor das guías docentes no noso idioma, mais isto non sempre se cumpre. É por iso que animámos a pedir na facultade as guías docentes de todas as materias nas que esteas matriculad@ en galego para así, asegurármonos que aquelas guías que estean en castelán sexan traducidas ao noso idioma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario