luns, 11 de novembro de 2013

O PSdeG quere que a Xunta garanta as bolsas Erasmus aos estudantes galegos

A portavoz de mocidade do PSdeG, Carmen Gallego, presentou no Parlamento galego varias iniciativas que avogan por que a Xunta "implíquese" e esixa ao Goberno que manteña as bolsas Erasmus e garanta o acceso a elas dos estudantes.
A deputada socialista argumenta que a orde ministerial que deixaba sen a achega do Ministerio de Educación ao programa Erasmus en pleno curso académico, aínda que logo foi rectificada, "parece indicar que a intención do PP é recortar ou eliminar" estas bolsas.
Carmen Gallego asegura que existen precedentes que aumentan as súas sospeitas da pretensión do Goberno de Mariano Rajoy de eliminar estas achegas que complementan o programa de mobilidade de estudantes entre países europeos.
A este respecto, recorda que a mocidade xa "padeceu" a supresión das bolsas Séneca, o "endurecemento" das condicións de acceso ás bolsas, un menor orzamento para as bolsas de estudo ou idiomas ou as axudas aos libros así como o encarecemento das segundas e seguintes matrículas universitarias.
As iniciativas socialistas levadas ao Parlamento tratan de alcanzar o compromiso da administración de manter as achegas para manter as bolsas, mentres tamén reclama que se incrementen nos próximos anos para garantir a suficiencia económica dos estudantes mentres participan do Erasmus ou demais programas educativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario