xoves, 14 de novembro de 2013

Máis educación para evitar a homofobia

Ante os feitos acontecidos o pasado xoves en Compostela, no que dous mozos foron agredidos por uns/unhas descerebrad@s, queremos amosar a nosa solidariedade co colectivo LGTBI e rexeitar, máis unha vez, os ataques ás/aos LGTBI e, aos dereitos humanos en xeral.
Cremos na necesidade dunha educación na tolerancia e diversidade, para reducir a discriminación ao colectivo LGTBI e para conseguir que a sociedade sexa consciente de que unha persoa non posúe  ningún tipo de “patoloxía emocional” en función da súa orientación sexual, e que o afecto non se mide en función do xénero da persoa á que se dirixe.
Polo tanto, debemos segir traballando para reducir e eliminar a discriminación que gais, lesbianas, transexuais e bisexuais sofren a diario, especialmente as e os máis novos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario