martes, 12 de novembro de 2013

Este mércores 13, participa dos actos “Música e letras contra a LOMCE”

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, organiza este mércores 13 de novembro nas cidades galegas os recitais “Música e letras contra a LOMCE”, onde se lle dará voz á cultura galega para por de manifesto unha vez máis o rexeitamento de toda a sociedade contra esta lei. Bótalle un ollo ao cartaz para ver os lugares e as horas de ditos actos.
Esta é un acto máis dos levados a cabo por parte da Plataforma Galega, como forma de continuar cos protestos en defensa do ensino público, galego e democrático. Non quedarnos só en manifestacións puntuais, senón que as reivindicacións serán continuadas ate conseguirmos que a LOMCE sexa eliminada.
Por iso, animamos ao estudantado da Galiza e a cidadanía en xeral a participar dos actos simbólicos nos que, desta volta o mundo da cultura, será o que leve a voz contra esta inxusta lei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario