venres, 22 de novembro de 2013

As matemáticas serán obrigatorias para os bachareis de Ciencias Sociais

Ata último momento, co debate xa en curso, estívose a negociar no Senado unha emenda á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que obrigue os alumnos do bacharelato de Ciencias Sociais a cursar matemáticas para poder matricularse despois en graos como Económicas, Estatística ou Maxisterio e ao final chegou.
Esta materia deixou de ser obrigatoria por unha emenda do PP no Congreso que unificou os bachilleratos de Humanidades e Ciencias Sociais. Un erro que os populares estiveron a intentar emendar no Senado ata que o conseguiron esta mañá. Primeiro, o Partido Popular tratou de convencer o PNV para que lle prestase dúas das súas emendas para introducir as Matemáticas, pero os nacionalistas negáronse. Foro Asturias entrou tamén nas quinielas sen acabar de pecharse o acordo. Ao final, o PP viuse forzado a formular un novo texto co apoio de todos os grupos, requisito obrigatorio cando se presenta unha emenda tan tarde.
Os populares, enfrontados á oposición -que se comprometeu case en bloque a derrogala se chega ao poder-, non querían dar esa imaxe de debilidade cando tiveron moitos días para resolver o agravio, pero o tempo esgotouse.
Finalmente, o texto establece dous itinerarios, un para Humanidades e outro para Ciencias Sociais, e, neste último inclúese como obrigatoria a materia de Matemáticas aplicadas a esta rama de coñecemento. Así, os estudantes que queiran continuar os seus estudos en carreiras universitarias como Económicas, Empresariales ou Maxisterio deberán cursar esta materia.
"É difícil imaxinar que un alumno que queira estudar Económicas non a elixa ou que un instituto non a ofreza", afirmaba o pasado venres o senador popular Luis Peral a este diario, pero o seu grupo xa traballaba na emenda que tardou días en chegar. As asociacións de matemáticas e de económicas presentaran un manifesto que denunciaba esta casuística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario