martes, 12 de novembro de 2013

A sinatura do contrato de creación do dominio “.gal” permitirá o rexistro de direccións no 2014

A Asociación Puntogal acaba de asinar, tras 7 anos de traballo, un contrato coa corporación que goberna as direccións de Internet (ICANN) para a creación do dominio galego “.gal”. Por tanto, puntoGAL xa se converte nun operador dun rexistro na rede.
Os rexistros de “.gal” poderán realizarse a partires de comezos do vindeiro ano 2014, pero antes, é preciso seguir unha serie de pasos entre os que se atopan varias probas técnicas obrigatorias previas á apertura do rexistro.
“.gal” érguese como un servizo á comunidade lingüística e cultural galega tal e como se designa no documento rubricado. Así mesmo, no contrato establécese que o grupo “está formado por aqueles que usen -ou comprométanse a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade”.
Tras o “.cat” en 2005, “.gal” conságrase como o primeiro dominio aprobado para un grupo lingüístico e cultural. Isto incrementará o prestixio social da cultura e o idioma galego e o interese internacional. Ao mesmo tempo, e dentro do aspecto económico, “.gal” permitirá que os cartos que se van no rexistro doutros dominios poidan permanecer en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario