venres, 8 de novembro de 2013

A Plataforma galega recorre ante o TSXG o decreto de comedores

Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón,”conculcar o dereito á educación, que é fundamental, e tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos”.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Para a Plataforma a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón, “non só  conculcar o dereito á educación, que é fundamental, senón tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos”.
 A medida supón eliminar a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado, incrementar os prezos nunha media de máis do 40% nos comedores xestionados directamente pola Consellaría de Educación.
“Trátase dunha medida que se suma aos continuos recortes que a Consellaría está a aplicar no ensino público mentres destina máis de 240 millóns de euros cada ano ao ensino privado concertado, incluídos os centros que segregan alumnado por razón de xénero”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario