Os recortes e a crise non só afectan aos grupos de investigación universitarios, traballen en colaboración con empresas externas ou non, senón que tamén está deixando pegada nos sectores produtivos cunha gran compoñente de tecnoloxía. Aqueles, adóitase repetir, que poden xerar maior valor engadido e que poderían ser a base dunha economía galega diferente e máis competitiva. O INE vén de publicar os seus Indicadores de Alta Tecnoloxía correspondentes ao ano 2013, que amosan unha tímida recuperación no conxunto de España, pero que tamén revelan un estancamento xeral en Galicia, con caídas nos capítulos de persoal e de gastos internos no sector de alta tecnoloxía. Ademais, a cifra de negocio nos sectores manufactureiros de tecnoloxía alta segue descendendo e supón apenas unha cuarta parte dos datos de 2009.
A cifra de negocio das manufacturas de alta tecnoloxía en Galicia pasou de superar o millón de euros en 2009 a ficar en 276 mil en 2013, acumulando catro anos de caídasDe feito, esta cifra de negocio total das manufacturas de alta tecnoloxía pasou de superar o millón de euros en 2009 a ficar en 276 mil en 2013, acumulando catro anos de caídas. A cifra de negocio nos sectores manufactureiros de tecnoloxía media-alta mantense estancado dende ese ano 2009, cando superaba os oito millóns de euros, sendo hoxe algo superior aos 7,6 millóns, cun incremento -iso si- dende os datos de 2012.
No conxunto do Estado, os sectores que empregan alta tecnoloxía pasaron dende unha cifra de negocio de 25,3 millóns de euros ata os actuais 24,1 millóns, crecendo dende os 22,7 millóns de 2012. Os sectores baseados en tecnoloxías media-altas incrementaron a súa produción dende os 116,8 millóns de 2009 ata os actuais 126,1 millóns.
2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | |
---|---|---|---|---|---|
Persoal en I+D | 2.063 | 2.144 | 2.179 | 2.277 | 2.171 |
Gastos internos no sector de alta tecnoloxía | 139.829 | 134.319 | 132.071 | 131.038 | 119.609 |
Cifra de negocio nos sectores manufactureiros de tecnoloxía alta | 1.016.516 | 461.203 | 368.150 | 317.961 | 276.710 |
Cifra de negocio nos sectores manufactureiros de tecnoloxía media-alta | 8.055.870 | 8.021.168 | 7.825.328 | 6.769.389 | 7.625.740 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario