martes, 26 de maio de 2015

No Berzo, ensino em galego!

á nom é a primeira vez que a Junta de Castela e Leom ataca o escasso ensino em galego que é impartido nos território berciano, de cultura e língua galega, mas baixo administraçom desta comunidade autónoma.
Desta vez é na educaçom secundária onde o estudantado vai sofrer os ataques a nossa língua, por meio dumha ordem da Conselharia de Educaçom em aplicaçom da LOMCE. Agora a matéria optativa de Língua e Cultura Galegas passa a ser de livre configuraçom especifica e incluindo-a como matéria extra-curricular. É dizer, deixara de impartir-se em horário letivo para passar a impartir-se como qualquer atividade de tipo extra-escolar, relegando a nossa língua dentro ao nível de atividades como futebol, baloncesto... etc
Aparte, @s estudantes que queiram estudar galego verám o seu horário incrementado em 3 horas em 1º de Bacharelato e em 4 horas em 2º, passando das 30 horas semanais estipuladas a 33 ou 34 horas semanais, e fora do horário letivo das manhás, ficando sem possibilidade algumha de ter acesso ao transporte escolar.
Desde AGIR, só vemos nesta medida um dos muitos ataques que recebe o nosso idioma e a nossa cultura. E exigimos um ensino em galego para todo o território nacional, inclusive os territórios sob as administraçons asturiana e castelhana. Assim como a paralizaçom desta ordenança da Junta de Castela e Leom, que nom respeita os direitos básicos d@s estudantes galego-falantes do Berzo.
No Berzo, ensino em galego!

luns, 25 de maio de 2015

Aberta a inscrición para o campamento urbano de Agolada

Celebrarase do 1 de xullo ao 14 de agosto.

O Concello de Agolada abriu a inscrición para o campamento urbano. Terá lugar desde o día 1 de xullo ao 14 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas. Está dirixido a nenos entre os tres e os doce anos. A inscrición pódese formalizar desde o 1 ao 26 de xuño nas oficinas da OMIX. Os interesados en recibir máis información previa poden chamar ao teléfono 986 788 062 ou aos móbiles 619 267 783 (Inma) e 685 756 852 (Isa).

As novas tecnoloxías, materia pendente para as galegas maiores de 65 anos

A fenda dixital de xénero mantén ás mulleres en niveis de uso das TIC moi por baixo dos homes e da media estatal.

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) semellan ser terreo alleo para as mulleres galegas maiores de 65 anos. O uso de ordenadores, Internet, teléfonos móbiles ou o do comercio electrónico ocupan un espazo moi reducido entre este colectivo. Os datos revelan unha alarmante fenda dixital de xénero en Galicia—é dicir, a diferenza de porcentaxes entre sexos respecto ós principais indicadores de uso de TIC— e unha fenda dixital xeográfica co resto de España.
uso-ordenador-maioresOs datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística —tomados da Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares, do Intituto Nacional de Estadística (INE)— son desalentadores, malia os esforzos que se están a facer desde os Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, dependentes da Xunta, con case un cento de aulas repartidas por todo o territorio galego, ademais dos programas desenvolvidos por deputacións e concellos. Tanto no uso de ordenadores, Internet e dispositivos móbiles, como no acceso ao comercio electrónico, as galegas entre 65 e 74 anos amosan un perfil moi baixo, con porcentaxes moi inferiores ás dos homes galegos e moi afastadas da media estatal.
uso-internet-maioresEn xeral, en España o uso que fan as mulleres das TIC é significativamente menor que o dos homes, exceptuando o caso dos móbiles, onde é parello, agás en Galicia. Os resultados indican que o teléfono móbil é o máis usado por este grupo de persoas en todo o estado, sendo os homes galegos de 65 a 74 anos os que máis destacan no uso destes trebellos, con porcentaxes lixeiramente superiores á media; porén, a diferenza do que sucede no resto de España, en Galicia se mantén a fenda de xénero no acceso a estes dispositivos.
uso-mobil-maioresPola contra, o comercio electrónico aínda ten moi poucos seguidores entre as persoas maiores, sendo practicamente nulo entre as galegas, dato que contrasta co dos homes, cuxa actividade no eCommerce sobresae por riba da media estatal.
uso-ecommerce-maioresSó no uso do ordenador as nosas maiores están nunha situación case de igualdade coas súas semellantes doutras autonomías, pero tamén aquí, como no resto de apartados, se sitúan lonxe das porcentaxes acadadas por eles.
No caso de Internet, obsérvase que a súa penetración entre o colectivo de persoas maiores en Galicia é moi inferior á do resto de España, en xeral, sendo especialmente baixa, de novo, entre as mulleres.

Denunciam ataque da Junta de Castela e Leom contra o galego no Berzo

 Reproduzimos o comunicado emitido pola Associaçom Cultural Fala Ceive.

A Junta de Castela e Leom contra a língua e cultura galega
Comunicado da Assoc. Cultural Fala Ceive do Bierzo
SOS GALEGO NO BIERZO!
Vem de sair publicada umha Ordem de Educaçom da Junta de Castilla y León (ORDEN EDU/363/2015, de 4 de mayo, por la que se establece el currículo y se regula la implantación, evaluación y desarrollo del bachillerato en la Comunidad de Castilla y León. http://www.educa.jcyl.es/es/informacion/sistema-educativo/bachillerato/nueva-regulacion-bachillerato) com a que pretender dar um passo definitivo para a eliminaçom da língua galega no sistema educativo no Bierzo.
Essa Orde, resumidamente, estabelece que:
1.- A Língua e Cultura Galega é umha MATERIA DE LIVRE CONFIGURAÇOM AUTONÓMICA.
2.- O alunado que escolha esta matéria, verá incrementado o seu horário letivo até 33 ou 34 horas semanais (frente às 30 horas semanais estipuladas). O alunado que escolha Língua Galega terá 3 (em 1º Bach) ou 4 (em 2º Bach) horas mais de aulas, e fora do horário escolar estabelecido. Isto é: às tardes, fora do horario letivo e sem serviço de transporte escolar. Isto vai supor que muitos e muitas estudantes deixem de escolher esta matéria, devido as dificuldades e travas que se lhes impom. Aliás, o alunado que escolha esta opçom, irá a aulas enquanto os seus companheiros/as vam a "atividades complementárias" ou nom vam. A Língua Galega, fica, em resumo, à altura de guitarra, pintura, cozinha, kárate, patins, etc...
3.- Estes som partes da dita Ordem:
"SECCIÓN 2ª.- Organización de las Enseñanzas.
Artículo 10. Organización del primer curso.
4. Los alumnos podrán cursar, como materia de libre configuración autonómica, Lengua y Cultura Gallega II, en aquellos centros autorizados para el desarrollo del programa para la promoción de la lengua gallega
(...)
Artículo 13. Horario.
1. El horario semanal de cada uno de los cursos del bachillerato será, como mínimo, de treinta periodos lectivos.
2. La distribución de las materias para cada curso de la etapa según modalidad y la distribución del horario semanal correspondiente se ajustarán a lo dispuesto en el Anexo III de la presente orden.
3. La carga lectiva de la materia de libre configuración autonómica Lengua y Cultura Gallega será de tres periodos lectivos semanales en primer curso y de 4 periodos lectivos semanales en segundo curso, incrementándose el horario semanal en cada curso hasta los 33 y 34 periodos respectivamente."
Assim, a otativa de Língua e Cultura Galega vai ser tratada na categoria de MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA, e aquel alunado interessado em cursar este matéria vai ver incrementado o seu horário letivo, sofrendo umha clara, evidente e injusta discriminaçom negativa com respeito ao alunado que escolha qualquer outra otativa (que será impartida em horário de manham, dentro do horário letivo, com possibilidade de transporte escolar, etc...)
A folha de matrícula para o curso próximo, já estabelece que em 1º BACH Língua Galega terá 3 horas fóra do horario letivo.
Ante isto, fai-se necessário reagir e exigir à Junta de Castilla y León que anule esta decissom que supom um ataque frontal contra os direitos dos e das galegofalantes do Bierzo.
Da Associaçom Cultural Fala Ceive do Bierzo, exigimos a imediata retificaçom deste orde, e a fim da discriminaçom da língua e cultura galegas no ensino.

A banda larga medra nas cidades e vilas pero castiga ao rural

Esta semana o Ministerio de Industria publicou o seu Informe de cobertura de banda larga de 2015, co engadido extra de ter emprestado especial atención á cobertura na contornas rurais (as contornas, con diferenza, moito menos favorecidas a nivel de dispoñibilidade de servizos de telecomunicacións). Segundo se fai saber na investigación, un dos parámetros onde se experimentou máis crecemento (en termos xerais) foi na tecnoloxía 4G (unha tecnoloxía que se vai ver beneficiada aínda máis grazas á á dispoñibilidade da banda de frecuencias de 800 Mhz, tralo despexe do Dividendo Dixital). De feito, dise no estudo, o 76% dos españois dispón de cobertura de banda larga móbil 4G, fronte ao 48 % que recollía o informe de 2014.
Por outra banda, o 61% dos cidadáns teñen acceso á Internet de alta velocidade de 100 Mbps, “o que supón un aumento de 5 puntos porcentuais respecto de 2014 grazas ao crecemento da fibra óptica”, explícase no informe, o cuarta edición do estudo Cobertura de Banda Ancha en España que corresponde ao primeiro trimestre de 2015. Outro dato significativo que se fornece é o seguinte: a día de hoxe, o 85% da poboación ten acceso a Internet de 10 Mbps, ao que cómpre engadir que a cobertura de Internet a velocidade de 30 Mpbs é dun 65%.
Polo que atinxe ao rural, é onde de lonxe se acadan as peores cifras, as máis mellorábeis e as que máis deberan mover ás administracións a pór en marcha iniciativas de urxencia que emenden a situación (unha situación que non fan máis que agravar as xa existentes fendas socioeconómicas e de servizos que discriminan ao rural con respecto ás contornas urbanas). No informe dise que a cobertura na contorna rural de banda larga con velocidades de 100 Mpbs ou superior só chega a un 13,5% da poboación, fronte ao 61,06% en termos xerais, debido aos baleiros de tecnoloxías fixas de nova xeración, como HFC (híbrido de cable e fibra) ou FTTH (fibra óptica até o fogar), ou móbiles, como o 4G (LTE). Mentres que as tecnoloxías LTE chegan a un 76,3% dos españois en termos xerais, só cobren un 20,1% de contornas rurais.

A CIG-Ensino denuncia o envío aos centros dunha nota propagandística da Consellaría sobre a proba de 3º de Primaria que pon en tea de xuízo o traballo do profesorado

Esta nota amosa o nerviosismo da Consellería polo rexeitamento que está tendo a realización desta proba.

A CIG-Ensino, ante o envío por parte da Consellaría de Educación aos centros educativos de primaria dunha folla informativa sobre a proba individualizada que a administración pretende aplicar o día 27 e 28 de maio para que lla fagan chegar ás familias do alumnado quere manifestar o seguinte: 

  • Trátase dunha nota propagandística coa que a Consellaría pretende convencer ás familias para que os seus fillos e fillas realicen a proba unha vez que saben que está a ser rexeitada polo conxunto da comunidade escolar.
  • Supón un insulto ao traballo do profesorado ao afirmar que as familias “van coñecer os resultados obtidos polos seus nenos e nenas nas competencias lingüísticas e matemáticas, información da que non dispoñían até o de agora”. É dicir, para a Consellaría o traballo do profesorado, as cualificacións, o contacto coas familias, avaliación continua e o seu traslado ao boletín de cualificación non ten importancia ningunha. Mais unha vez a Consellaría de Educación mostra un desprezo e desconfianza absoluta pola implicación e o traballo que diariamente realiza o profesorado.
  • É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado a unha presión innecesaria xa que o vai avaliar baixo estándares uniformizados, sen considerar a educación como un proceso no que hai que avaliar e considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas, capacidades e actitudes do alumnado. 
  • Despreza a avaliación continua e a opinión do equipo docente. Ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado e dos medios, recursos e apoios necesarios para propor as actuacións e procedementos necesarios, mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar e conseguir os obxectivos correspondentes.
  • É innegábel que esta proba o que busca é clasificar ao alumnado e non informar e orientar o proceso de aprendizaxe pois non hai mellor procedemento para iso que a avaliación continua que considera todos os factores que interactúan no proceso aprendizaxe.
  • Minte cando afirma que non é unha avaliación externa. Quen elabora a proba e os criterios da súa avaliación? A consellaría non o equipo docente.
  • É a propia Consellaría, ao limitala ao ámbito lingüístico e matemático, quen menospreza a adquisición doutras competencias destrezas e habilidades do campo artístico, musical, refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbeis para a aprendizaxe e o rendemento escolar.
  • Supón tamén un despropósito, xa que os estudos de aprendizaxe que se pretenden avaliar corresponden aos tres primeiros cursos de primaria e o alumnado que vai sufrir as probas só cursou terceiro da LOMCE.
  • Non se pode negar o evidente. Esta proba  clasificará os centro segundo os resultados ao mesmo tempo que debilitará a motivación do alumnado con peores resultados.


A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que, en lugar de enviar notas propagandísticas e desprezativas co noso traballo é adiar a aplicación da LOMCE que, amais doutras consideracións, está sendo un desatino absoluto e que está rexeitado polo conxunto da comunidade escolar, tal e como se amosou onte no Consello Escolar de Galiza, solicitando a retirada do decreto de currículos da ESO E do Bacharelato.

A exclusión do rural

Mentres a crise económica e financeira afonda aínda máis nas incongruencias do mundo urbano; no noso rural ábrese unha crise moito máis profunda que ten por referencia a discriminación na súa máis ampla extensión.

 

Adios, ríos, adios, fontes
 
Cando este ano se cumpre o 150 aniversario destas verbas de Rosalía de Castro, máis preto estamos de perder o que nos queda do noso rural. Sen estratexias, sen perspectivas e sen folla de ruta, o rural vai quedando nun segundo plano que se difumina no hourizonte
Segundo Edelmiro López os problemas do noso rural resúmense nos seguintes puntos: o demográfico, a baixa produtividade das explotacións e a volatilidade dos prezos; a falta de desenvolvemento dunha industria agroalimentaria forte; a continuidade dun balance agroalimentario deficitario; e, por engadido, o problema da terra.
Así, en tanto nunha análise centro/periferia o mundo urbano (centro) ten que acometer propostas ligadas ao decrecemento, o rural (periferia) ten que apostar por medidas que concentren os esforzos en loitar contra a expulsión da terra. Polo tanto, o reequilibrio do noso territorio pasa por redistribución de recursos entre os territorios de riqueza económica (zona urbana e costeira) cos territorios que presentan unha riqueza ambiental (zona interior e rural). Este feito pasa por que o goberno teña claro mecanismos para poder facer as compensacións necesarias para chegar a ese equilibrio necesario para o noso país.

 A proposta da xustiza territorial

En apenas cen anos, a humanidade consumiu máis enerxía que todas as xeracións precedentes e apropiouse do 40% da biomasa do planeta. Segundo diferentes cálculos, á Terra hoxe custaríalle ao redor de 1,3 anos reproducir os recursos que a sociedade, principalmente as poboacións enriquecidas, consome ao longo de un ano. Neste punto indicar que un 20% da poboación mundial consome o 80% dos recursos, tendo pola contra, máis de 1.200 millóns de persoas que viven con menos de un euro ao día. Este crecemento ilimitado que o Capitalismo Global nos vende, sen ter en conta que os recursos son limitados, está a provocar unha dobre fractura: por un lado a perda de recursos e por outra o seu reparto inxusto e desequilibrado.
Desde o ámbito social a torta dos recursos cada vez está máis desequilibrada no seu reparto. Así, acontece que os 225 habitantes máis ricos do planeta teñen a mesma renda anual que a metade da poboación mundial. Se amais poñemos os datos no ámbito do mercado, o 40% do mercado mundial está dominado unicamente por 325 empresas (paradoxas da teoría económica liberal imperante que non se cansa de repetir das bondades da liberdade do mercado para favorecer a competitividade, e nunca en termos históricos asistimos a tal cantidade de oligopolios nos distintos sectores).
Baixo esta perspectiva, as persoas que traballan no rural, precisan unha retribución digna polo seu traballo, a través de políticas agrarias e de desenvolvemento rural que corten a especulación e establezan regulacións públicas efectivas. Amais debemos centrarnos en producións especializadas e con valor engadido e menos nas producións estandarizadas, apostando polo apoio ás denominacións de orixe ou ás marcas galegas recoñecidas e de calidade. 

 Vacinas contra a exclusión

Na actualidade, a gran crise do rural é a da exclusión do sistema (expulsión), que comporta o abandono da xestión da terra e con elo a desaparición do capital humano, peza clave para que o territorio sega vivo. En 1950, o 70% da poboación activa galega traballaba no agro; hoxe supón tan só o 5,5%. O traballo é duro e os atrancos moitos nun país que pasou de ser eminentemente rural a situarse na media da UE en canto á actividade agrícola. Pero hai moita leira por tripar. Na mesma liña, entre os anos 1991 e 2001 a poboación activa agraria descendeu un 55%, feito que é paralelo á continua baixada no número de explotacións agrarias que descenden sen parar desde o ano 1962 no que contabamos con 433.000 explotacións ata as 270.000 de principios do século XXI.
Parte da nosa sociedade considera que a exclusión do rural forma parte do progreso e da modernidade dos tempos. Moito máis aló desta visión, o abandono da terra ten consecuencias ambientais, paisaxísticas, culturais e económicas. Temos que tomar medidas antes de que esta situación sexa irreversible e non teña marcha atrás. As medidas teñen que ter carácter preventivo e anticiparse á evolución dos tempos, e nesta liña son fundamentais accións encamiñadas á comunicación proactiva entre poboacións que favorezan o desenvolvemento local.
Polo tanto, a gran vacina contra a expulsión é a vertebración social e territorial do noso rural, todo o contrario do que nos ofrecen os actuais gobernos. O enorme potencial do rural en Galicia sitúao na actual crise económica ante unha oportunidade única para revalorizarse como opción laboral e, sobre todo, para se converter nun dos alicerces do desenvolvemento económico do país nos vindeiros anos. Para deter a sangría demográfica do rural o traballo non é o único elemento clave, con máis urxencia precísase do mesmo acceso aos servizos e á calidade de vida que noutras zonas. Todo o contrario que o que se está a facer actualmente.

En definitiva para saír da exclusión, temos que deixar de facer o mesmo e tentar de poñer en marcha outras cousas. Entre esas medidas están a aposta polo rural en primeira persoa, como activo vivo e de futuro do noso territorio. Troquemos esta situación de dificultade nunha verdadeira oportunidade para o noso país.

Por que non queremos a LOMCE versión galega

O Consello Escolar de Galicia aprobou onte, 21 de maio, por 20 votos contra 17, a retirada do anteproxecto de decreto de ESO e Bacharelato, e a súa devolución ao Goberno galego. É unha vitoria simbólica, unha decisión que o goberno de Feijoo pode ignorar xa que os acordos do CEG teñen carácter consultivo. Así ocorreu co decreto de trilingüísmo en 2007. Porén, é importante xa que visualiza a oposición á LOMCE da comunidade educativa galega.
É unha vitoria simbólica, unha decisión que o goberno de Feijoo pode ignorar xa que os acordos do CEG teñen carácter consultivo. Así ocorreu co decreto de trilingüísmo en 2007
Esta vitoria foi posible grazas ao esforzo coordinado e as emendas á totalidade presentadas polos movementos de renovación pedagóxica, os sindicatos CIG, CCOO e UXT e por min mesma en representación da Universidade de Santiago de Compostela. Na votación as emendas foron apoiadas tamén pola Federación das Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) de Galicia.
Por que non queremos esta LOMCE en versión galega? Hai moitas razóns, mais podemos resumilas en que a lei contribuirá a afondar as desigualdades. Separar ao alumnado en itinerarios desde 3º da ESO con dúas opcións de matemáticas, unha para o itinerario académico, outra para a formación profesional, non contribúe á igualdade de oportunidades, senón todo o contrario. Esta segregación xa se mostrou ineficiente noutros países europeos onde existe.
Ignora os malos resultados académicos en avaliacións internacionais, como PISA ou TIMMS, dos países onde existen as avaliacións finais, como pode ser EEUU
E que dicir das “reválidas”? O anteproxecto galego e a LOMCE ignoran o modelo de avaliación continua e formativa. Este modelo responde a principios ideolóxicos, e ignora os malos resultados académicos en avaliacións internacionais, como PISA ou TIMMS, dos países onde existen as avaliacións finais, como pode ser EEUU. A súa finalidade parece ser etiquetar os centros por resultados e asignar máis recursos aos centros que os teñan mellores (correspondentes ao alumnado de procedencia socioeconómica máis privilexiada), creando un perverso bucle.
Isto é unha vitoria que mostra o potencial da unidade da comunidade e asociacións, para mudar a situación
En canto á lingua galega, é tratada como se fose estranxeira. Ademais desaparecen da ESO os contidos de Historia de Galicia, como a cultura castrexa, os irmandiños ou o Estatuto do 36. Temos que pedir de novo que se contextualicen as materias en Galicia, o que nos fai sentir como se estivésemos de novo nos tempos do franquismo.
En resumo, isto é unha vitoria que mostra o potencial da unidade da comunidade e asociacións, para mudar a situación.

Marilar Aleixandre


O Consello escolar solicita a retirada dos currículos de ESO e BAC

Desaproba a aplicación da LOMCE através das emendas á totalidade presentadas pola CIG-Ensino, CC.OO, UGT, Coordenadora galega de Movementos de Renovación Pedagóxica e a Confapa.

O Consello Escolar de Galiza rexeitou por maioría a aplicación da LOMCE através da desaprobación dos currículos escolares para o ensino secundario e o bacharelato.
Fíxoo através do apoio recibido polas emendas á totalidade presentadas polos diversos axentes que integran este órgao de carácter consultivo. A decisión --adoptada por 20 votos a favor e 17 en contra-- non terá efecto sobre a aplicación da LOMCE no ensino galego mais deixa en evidencia a oposición da comunidade educativa --agás o CSIF-- ao novo marco.
Só o CSI-F se aliñou coa administración
Desde a CIG-Ensino defendeu a retirada deste anteproxecto por fixar as reválidas en ESO e bacharelato por estar impregnado de principios neoliberais, inocular unha maior españolización, renunciar ás cativas competencias que ten o Goberno galego para fixar contidos, pola súa confesionalidade, por estar orientado a unha aprendizaxe memorística e academicista, promulgar valores reaccionarios e sexistas, afirmar un sistema clasista, competitivo e segregador ou renunciar á normalización lingüística, entre outras razóns.
Pola súa banda desde Comisións Obreiras argumentaron a súa postura en que a norma ten unha tramitación "tardía e precipitada" que vai "dificultar" que o profesorado poña en marcha "de forma adecuada" este decreto a principios do vindeiro curso. Deste xeito, a dita norma volverá á Consellaría para a súa modificación.

A riqueza per cápita de Galiza: 17 puntos por baixo da UE e 6 menos que a do Estado español

O Produto Interior Bruto por habitante en Galiza acada só ao 83% do promedio comunitario, segundo os dados da Oficina de Estatística da UE. E fica seis puntos por baixo da media do Estado español.

Por baixo da media da Unión Europea e da media do Estado español. O PIB por habitante en Galiza segue afastado tanto do promedio europeo coma do español, como confirman esta quinta feira os dados de Euostat, a Oficina de estatística comunitaria. Se a media de renda per cápita na UE é 100, Galiza fica no 83% desa riqueza, o que significa 17 puntos menos. Por comparar cos territorios da nosa contorna, Castela-León acada o 89%, Asturias o 84% e Cantabria o 86 por cento. Se a comparación facémola con Euskadi (122%), Madrid (128%) ou Catalunya (111%) a diferenza é abismal. De feito, o PIB por habitante en Galiza fica lonxe tamén da media do estado español. Se este é 100, nós estamos no 94, seis puntos menos.
En euros, o PIB per capita en Galiza sería de 19.900 euros. A media no Estado español é de 22.500 euros, case 3.000 euros máis. E na Unión Europea dos 28 supera os 26.600 euros, case 7.000 euros máis que o galego. Só, no marco do Estado español, territorios como Extremadura, Andalucía, Melilla, Ceuta, Castela-A Mancha e Murcia teñen peores dados que Galiza.
Ricos e pobres
E cales son os territorios con maior riqueza por habitante de Europa? Pois o Eurostat dinos que Londres, Bruxelas (Bélxica) , Hamburgo (Alemaña), Gröningen (Holanda) ou Estocolmo (Suecia) están nesa privilexiada clasificación. E as máis pobres? Pois os territorios de Ultramar franceses, e rexións de Bulgaria e Romanía.

venres, 22 de maio de 2015

Do laboratorio á economía real

Galicia creou case un cento de spin-off universitarias, que xeran emprego e transfiren tecnoloxía.

Converten coñecemento en economía. Xeran emprego. E fan rendible a investigación. As spin-off, as empresas que xorden dos laboratorios das universidades, toman gran protagonismo. En 2000, só había en España 18 spin-off universitarias. Actualmente, hai máis de mil. O que demostra o seu pulo.
Xunto ás spin-off, as start up das universidades tamén crean emprego.
A Universidade de Santiago creou 44 spin-off, mentres que en Vigo foron constituídas case 30, por unha decena na Coruña, incluíndo as empresas de base tecnolóxica. Ademais, as spin-off universitarias son boas xeradoras de emprego. De feito, a través delas e das start-up (as empresas que se instalan en viveiros universitarios), só a Universidade de Vigo xerou 618 postos de traballo. E a de Santiago calcula máis de 400. Algúns casos significativos son Galchimia, de Santiago, que dá traballo a 25 persoas, e Innolact, radicada en Lugo, que ten 12 empregados, unha facturación millonaria e unha constante evolución.
A universidade en Galicia ten boas ideas que levar ao mercado. Demóstrao a súa posición destacada no número de patentes rexistradas. Santiago ocupa o quinto posto entre 34 universidades españolas. E Vigo, o décimo posto, aínda que é a sexta con máis patentes por cada 100 profesores. Ademais, a progresión é enorme. En 2013, as tres institucións rexistraron un 26 por cento máis patentes que o ano anterior.
Ademais, Santiago ocupa o quinto posto e Vigo está no noveno en España en creación de spin-off universitarias.
Santiago é a quinta universidade de España en número de patentes rexistradas
Ás spin-off hai que sumar as ‘start up‘, empresas que nacen dos viveiros universitarios. En 2013, apareceron 18 novas empresas con esta fórmula (7 en Vigo, 10 en Santiago e 1 na Coruña). Na última década, calcúlase que máis de 300 empresas xurdiron no conxunto das tres universidades galegas.
As spin-off son iniciativas empresariais promovidas por membros da comunidade universitaria, que se caracterizan por basear a súa actividade na explotación de novos procesos, produtos ou servizos a partir do coñecemento adquirido e os resultados obtidos na propia Universidade.
As spin-off transfiren ideas dende os laboratorios á empresa.
A investigación aplicada é a base destas empresas, cuxa importancia radica no desenvolvemento de novas tecnoloxías, a creación de emprego de calidade, a capacidade de xerar un alto valor engadido na actividade económica e a achega ao desenvolvemento rexional.
Unha spin-off ten vantaxes para todos os implicados. Dunha parte, os emprendedores poden seguir desenvolvendo a tecnoloxía que se xerou na universidade ata o nivel de produto final, contratar persoal investigador moi valioso e obter rendementos económicos do proceso.
Ademais, a universidade poderá impulsar a través das spin-off o seu labor de transferencia de resultados da investigación. Ademais obterá retornos económicos por contratos de transferencia coas spin-off de investigación. E, por último, a sociedade beneficiarase dos postos de traballos cualificados que xeran as spin-off, dos impostos que pagan e dos produtos novidosos que desenvolvan.

Consideracións ante as instrucións dalgunhas inspeccións/direccións sobre a proba de 3º

O STEG ten coñecemento de que algúns/algunhas inspectores/as ou directores/as están trasladando ao profesorado instruccións no sentido de faceren a avaliación de 3º de EP mesmo a aquel alumnado que acuda ao centro cun documento onde os seus titores legais manifesten a intención de que o neno/a non realice a proba.

Ante esta situación o STEG lembra que:
  1. É conveniente solicitar á inspección/dirección que todas as instrucións (non explicitadas en norma algunha) que deban ser implementadas polo profesorado ao seu cargo sexan aportadas por escrito.
  2. O profesorado ten a obriga de cumprir coas instrucións dadas pola inspeción/dirección como superior xerárquico e que calquera incumprimento neste senso pode ser obxecto de procedemento disciplinario. O alumnado que asista á aula o día da avaliación con autorización dos seus titores legais para non facer a proba poderá deixar a proba de avaliación en branco e achegar, xunto coa mesma, o escrito asinado polas nais/pais.
  3. Aínda que estas probas sexan finalmente avaliadas non terán, no presente curso, consecuencias académicas.
  4. Lembramos que esta medida de oposición pode non ter reflexo algún nas estatísticas, e inclusive non hai garantía algunha de que os responsables da avaliación adxunten o escrito á proba por ser documentación allea á mesma. Isto podería restar repercusión ao boicot e colocar as nenas e nenos de 8 anos nunha situación estresante, onde nin sequera van estar acompañados polas súas mestras e mestres. Por este motivo, recomendamos a opción da non asistencia do alumnado ao centro ou a organización de quendas de gardaría para acoller a aquel alumnado que non teña alternativa.
Non leves á túa filla/o ese día ao centro
Xustificación de inasistencia a clase os días da reválida
Xustificación da non realización da reválida
Consideracións ante as instrucións dalgunas inspeccións/direccións
Permanente do Secretariado Nacional

A nossa literatura nos "Tattoos da Galiza"

Lupe Gómez, Celso Emilio, Cunqueiro, Lois Pereiro, Maria Rosendo, Manuel Antonio, Ledicia Costas, Castelao, Novoneyra...
Quem podia esperar que a nossa literatura tamém estivesse escrita sobre os nossos corpos, em tatuagens que passarom do papel à pel?
Pois si! E conformam a primeira "Antologia da Literatura Galega sobre a Pel"
Graças à gente que enviou fotos dos seus tattoos, compartindo a sua intimidade, hoje podemos ler alguns dos melhores versos e frases da nossa literatura.
Este é um novo motivo para apoiar e conseguirmos entre muita gente poder converter este blogue num livro de papel, através da campanha de micromecenado: "Tattoos da Galiza"
Vamos alá!
Ro Seque, Rosana Sequeiros participa com duas tatuagens! Tremendo o poema de Rosalia sobre a sua pel. Linda e rebelde, a sereia, a sorrir. E o primeiro "Denantes mortos que escrevos", de Castelao.

Spotify adaptará a reprodución musical á nosa actividade física

Durante os últimos 7 anos Spotify conseguiu revolucionar o xeito de consumir música, de xeito que converteu o streaming nunha alternativa máis que solvente á descarga de cancións, superando os 25.000 millóns de horas reproducidas a través da súa plataforma, e agora, conscientes de que os dispositivos móbiles son os reis do consumo musical, decidiron evolucionar, adaptándose máis ao usuario segundo o momento de cada día.
Presentan así a páxina de inicio The Now, que presenta listaxes de reprodución aptas para as distintas horas do día, de xeito suxiren listaxe de temas en función dos nosos gustos e de seleccións elaboradas por expertos, para adaptarse ao noso estado de ánimo, de xeito que podemos ter unhas cancións para activarnos pola mañá e outras para concentrarnos durante o traballo.
Pero a novidade máis interesante do servizo musical é Spotify Running, que pretende axudar á práctica deportiva de xeito que, cando corremos escoitando música, o sistema aproveitará os sensores do móbil para medir o noso tempo, e así ir combinando cancións que se adapten tanto aos nosos gustos como á intensidade do noso adestramento. Durante o presente ano esperan poder integrar esta funcionalidade outras aplicacións como a de Nike+ ou RunKeeper, achegándose deste xeito aínda máis aos corredores habituais.
Pero Spotify non quere limitarse á música, e busca novas miras, de aí que presentase o seguinte:
- More Than Music: Spotify permitirá engadir clips de vídeo e programas de audio (podcasts) á mestura musical, de xeito que poderiamos combinar a reprodución musical con programas informativos ou de lecer que nos acompañen.
- Spotify Originals: a aplicación tamén contará con temas musicais creados en exclusiva para eles e especificamente para Spotify Running, xa que serían composicións que se adaptarían dinamicamente ao noso tempo, estando dispoñible inicialmente 6 destas pistas sonoras.
No que respecta ao vídeo, Spotify chegou a acordos con ABC, BBC, ESPN, NBCUniversal, TBS, TED, Vice News, Adult Swim, Fusion, Maker Studios e Condé Nast Entertainment para poder achegar os seus contidos a través da aplicación de Spotify.
O novo Now comezou onte a chegar a usuarios de iPhone nos EE.UU., Reino Unido, Alemaña e Suecia, abríndose paulatinamente a outros mercados, mentres que Spotify Running xa comezou a súa distribución global para iPhone.


Vídeo no que dan a coñecer as novidades de Spotify