Segundo
a empresa de protección informática Kaspersky Lab, unha
de cada catro redes Wi-Fi que temos á nosa disposición nun cumpre
cos requirimentos mínimos de seguridade (representando en
ocasións un risco para os nosos datos persoais, que estarían a
disposición de calquera outro usuario cun mínimo de coñecemento
informático). Este dato figura nun estudo de seu sobre a calidade
dos accesos sen fíos de índole pública. Para darlle forma, a firma
avaliou máis de 31 millóns redes Wi-Fi públicas ou hotspots
en todo o mundo. A conclusión é que o 25% das mesmas están
desprotexidas, o que significa, nas súas palabras, “que todo o
tráfico transmitido a través desas redes, incluíndo mensaxes
persoais, contrasinais, documentos e moito máis, pode ser doadamente
interceptado polos ciberatacantes”.
Dende
o punto de vista da incidencia xeográfica, a investigación apunta a
que os 20 países con meirande porcentaxe de hotspots Wi-Fi
non cifrados inclúen moitos destinos turísticos populares:
Tailandia, Francia, Israel, Estados Unidos, entre outros
No
estudo tamén se sinala que o 3% dos puntos de conexión sen fíos
usan WEP (Wired Equivalent Privacy) para cifrar datos, “un
protocolo que non é do todo seguro e que se pode inutilizar en
cuestión de minutos con ferramentas que están dispoñíbeis de
balde en Internet”. Polo que atinxe ao resto, Kaspersky informa que
case tres cuartas partes dos espazos públicos de conexión sen fíos
tiran partido “dunha forma máis segura de cifrado” baseada na
familia de protocolos de Acceso Protexido Wi-Fi (WPA). O consello da
compañía, a respecto de todo o devandito, é que os usuarios “se
manteñan alerta cando se conecten a unha rede Wi-Fi pública e que
non utilicen puntos de acceso sen fíos sen contrasinais para
realizar actividades de alto risco, como banca dixital, compras, ou
transferencia de información confidencial”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario