O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou, no encontro informativo provincial sobre esta iniciativa que tivo lugar en Ourense, a próxima constitución da Rede de Dinamización Lingüística, que se levará a cabo no mes de xaneiro.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1668
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1662
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 11 de xaneiro de 2011
A experiencia dos neofalantes na recuperación da lingua
O colectivo A Nave das Ideas organizou o pasado 10 de decembro unha charla coloquio na Casa da Cultura de Vigo co título “Pero... que raio é iso dos neofalantes?”. No acto Belén Regueira, Séchu Sende e Daria Shornikova expuxeron as súas experiencias cotiás como falantes de galego, as razóns polas que decidiron comezar a falar a nosa lingua, os problemas cos que se toparon e como os resolveron. Agora pódese consultar na rede a primeira das intervencións. Nela a coñecida xornalista Belén Regueira anima coa súa rica experiencia a avanzar na recuperación do idioma e demostra que se pode ser neofalante e mesmo non parecelo.
Máis información en:
http://vimeo.com/17854182
Máis información en:
http://vimeo.com/17854182
Dispoñíbel na rede o primeiro manual para Ubuntu en galego
A Oficina de Software Libre da USC e o Concello de Dodro editaron Comezar con Ubuntu, o primeiro manual en galego para principiantes do sistema operativo Ubuntu. Está escrito cunha licenza de código aberto e é de balde para descargar, ler, modificar e compartir. O manual axuda a familiarizarse coas tarefas diarias (navegar polo web, escoitar música ou escanear documentos), pon énfase na sinxeleza ao seguir as instrucións e é axeitado para todos os niveis de experiencia.
Máis información en:
http://ubuntu.usc.es/manual/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=750&desc=disponibel_na_rede_o_primeiro_manual_para_ubuntu_en_galego
Máis información en:
http://ubuntu.usc.es/manual/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=750&desc=disponibel_na_rede_o_primeiro_manual_para_ubuntu_en_galego
O navegador Chromium e o sistema operativo ChromeOS xa en galego
O navegador de código aberto Chromium –a partir do que se baseou o Chrome de Google– e mais o sistema operativo ChromeOS xa están totalmente en galego grazas á tradución desenvolvida polo Proxecto Trasno. Segundo anuncian desde o Proxecto Trasno, despois de que fose anunciada a apertura das traducións do navegador Chromium e do sistema operativo ChromeOS, o equipo galego de tradución de Ubuntu desenvolveu a tradución destas dúas aplicacións.
Máis información en:
http://www.trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=753&desc=o_navegador_chromium_e_o_sistema_operativo_chromeos,_xa_en_galego
http://codigocero.com/Completan-a-traducion-de-Chrome-OS

mércores, 22 de decembro de 2010
A DESBORDANTE FESTA DE NADAL NO COLEXIO
mércores, 15 de decembro de 2010
Novo número d’O Cartafol, con varias reportaxes sobre a campaña Témoslle lei
Xa está en liña o número de decembro da revista do Servizo de Normalización da Universidade de Santiago de Compostela O Cartafol. Nesta edición faise un seguimento especial da campaña de promoción do galego na Facultade de Dereito, que anunciabamos no boletín anterior: Témoslle lei. Entrevistas a representantes das asociacións estudantís que participan na campaña e artigos sobre os materiais e o desenvolvemento da campaña ocupan a maior parte do contido desta excelente revista en liña.
Máis información en:
http://ocartafol.usc.es/
http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/novas/novas_0056.html
http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/novas/novas_0055.html
http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/novas/novas_0054.html

Premio Apalpador 2010
A Irmandade dos Apañacastañas convoca o primeiro Premio Apalpador para actividades lúdicas e educativas que teñan como centro a figura do Apalpador. O premio está dirixido aos responsábeis educativos, animadores culturais, alumnos e calquera outra persoa física ou xurídica que teña como misión a organización de actividades para as nenas e os nenos.
O premio divídese en dous, un para actividades escolares e outro para extraescolares. Para participar haberá que inscribirse previamente neste mesmo sitio web Premio Apalpador 2010/Inscrición/ cunha achega de 10 € antes do 1 de xaneiro do 2011. Se merca calquera dos produtos á venda na tenda do Apalpador a inscrición será de balde. Os orixinais presentaranse tamén a través deste mesmo sitio web até o 16 de xaneiro.
Máis información en:
http://www.apalpador.com/premio

O secretario de Política Lingüística afirma que Blanco Amor é unha das pezas clave na dignificación do galego
Así se expresou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na ofrenda floral en recordo do escritor no día en que se cumpriron 31 anos do seu pasamento. Por outra banda, o responsable de Política Lingüística anunciou a creación en Ourense dun seminario permanente para a dinamización lingüística que levará o nome de Eduardo Blanco Amor. A iniciativa, que se realizará en colaboración coa Deputación de Ourense, ten como obxectivo “facer prender nos máis novos o amor polo galego e a reflexión sobre a necesidade de usalo e de coidalo nesta Galicia do século XXI”.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1638
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1638
Anxo Lorenzo avoga por un traballo “coordinado e colaborativo entre administracións e institucións” na promoción lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, salientou a importancia de levar a cabo un “traballo coordinado e colaborativo entre administracións e institucións a prol do fomento do uso do galego”. Así o afirmou no acto de inauguración das VII Xornadas sobre Lingua e Usos, que este ano se centran no tema “lingua e sanidade”. O secretario xeral de Política Lingüística aproveitou o marco das xornadas, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC, para anunciar a integración da Xunta de Galicia na Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, “para unha mellor coordinación da actuación dos poderes públicos competentes no ámbito da política universitaria de normalización lingüística”.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1639
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1639
mércores, 1 de decembro de 2010
O Dicionario galego de Pedagoxía contribúe a reforzar a presenza do galego no ámbito das ciencias da educación
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na presentación da obra que a elaboración de materiais lexicográficos e terminolóxicos en galego axuda a afianzar a presenza e a vitalidade do idioma nos distintos sectores sociais. Neste sentido, o conselleiro destacou que “o Dicionario galego de Pedagoxía recompila unha importante mostra do saber sobre as Ciencias da Educación e constitúe, sen dúbida, unha ferramenta de grande utilidade para os profesionais do ensino, para os estudantes ou calquera outro cidadán interesado pola educación en Galicia”.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1616
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1616
A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove o primeiro Dicionario galego de recursos humanos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Termigal, e en colaboración coa Real Academia Galega e a Fundación Galicia Empresa, impulsou esta ferramenta que busca facilitar a incorporación do galego ao ámbito socioeconómico.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1613
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1613
Dicionario de pronuncia da lingua galega
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC e mais a Real Academia Galega acaban de publicar o Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira. Esta obra parte do VOLG e fornece transcricións fonéticas para un total de 47.000 palabras cunha proposta de pronuncia modelo.
Máis información en:
http://ilg.usc.es/ilgas/novas_publicacions/Dic_pronuncia_intro_2010.pdf (introdución e índice da obra)
http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/pasaafolla/pasaafolla_0009.html (recensión do dicionario publicada en O Cartafol Dixital da USC)
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=737&desc=dicionario_de_pronuncia_da_lingua_galega
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/11/19/o-primeiro-dicionario-pronuncia-galega-propon-patron-oral-uniforme/492559.html

Admiten o recoñecemento do idioma galego na reforma da Lei da comarca do Bierzo
Unha emenda aprobada por unanimidade aposta porque “Castela e León facilitará a participación da Comarca do Bierzo nas actuacións que realice para a promoción da lingua galega no seu ámbito territorial”. A Comisión de Interior e Xustiza das Cortes de Castela e León admitiu esta emenda co voto unánime dos tres grupos parlamentarios, PP, PSOE e grupo mixto.
Fala Ceibe admite que o contido xurídico deste novo artigo lingüístico queda lonxe da súa proposta de emenda, que facía mención á creación dun servizo lingüístico comarcal, á recuperación da toponimia ou ás relaciones de colaboración con Galicia.
Máis información en:
http://www.elbierzodigital.com/bierzo/?noti=48088

A Universidade de Vigo edita o primeiro dicionario galego- -éuscaro e éuscaro-galego da historia
A lingua galega dispón dun dicionario galego-éuscaro e éuscaro-galego, unha obra na que se recollen arredor de 5.000 entradas e outras tantas frases feitas e expresións típicas.
Máis información en:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=4111&Itemid=51
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/galego-xa-fala-euscaro/idEdicion-2010-11-18/idNoticia-612058/
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/11/18/0003_8856362.htm

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)