A Oficina de Software Libre da USC e o Concello de Dodro editaron Comezar con Ubuntu, o primeiro manual en galego para principiantes do sistema operativo Ubuntu. Está escrito cunha licenza de código aberto e é de balde para descargar, ler, modificar e compartir. O manual axuda a familiarizarse coas tarefas diarias (navegar polo web, escoitar música ou escanear documentos), pon énfase na sinxeleza ao seguir as instrucións e é axeitado para todos os niveis de experiencia.
Máis información en:
http://ubuntu.usc.es/manual/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=750&desc=disponibel_na_rede_o_primeiro_manual_para_ubuntu_en_galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario