martes, 11 de xaneiro de 2011

O navegador Chromium e o sistema operativo ChromeOS xa en galego

O navegador de código aberto Chromium –a partir do que se baseou o Chrome de Google– e mais o sistema operativo ChromeOS xa están totalmente en galego grazas á tradución desenvolvida polo Proxecto Trasno. Segundo anuncian desde o Proxecto Trasno, despois de que fose anunciada a apertura das traducións do navegador Chromium e do sistema operativo ChromeOS, o equipo galego de tradución de Ubuntu desenvolveu a tradución destas dúas aplicacións.

Máis información en:
http://www.trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=753&desc=o_navegador_chromium_e_o_sistema_operativo_chromeos,_xa_en_galego
http://codigocero.com/Completan-a-traducion-de-Chrome-OS

Ningún comentario:

Publicar un comentario