O colectivo A Nave das Ideas organizou o pasado 10 de decembro unha charla coloquio na Casa da Cultura de Vigo co título “Pero... que raio é iso dos neofalantes?”. No acto Belén Regueira, Séchu Sende e Daria Shornikova expuxeron as súas experiencias cotiás como falantes de galego, as razóns polas que decidiron comezar a falar a nosa lingua, os problemas cos que se toparon e como os resolveron. Agora pódese consultar na rede a primeira das intervencións. Nela a coñecida xornalista Belén Regueira anima coa súa rica experiencia a avanzar na recuperación do idioma e demostra que se pode ser neofalante e mesmo non parecelo.
Máis información en:
http://vimeo.com/17854182
Ningún comentario:
Publicar un comentario