mércores, 15 de decembro de 2010

Anxo Lorenzo avoga por un traballo “coordinado e colaborativo entre administracións e institucións” na promoción lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, salientou a importancia de levar a cabo un “traballo coordinado e colaborativo entre administracións e institucións a prol do fomento do uso do galego”. Así o afirmou no acto de inauguración das VII Xornadas sobre Lingua e Usos, que este ano se centran no tema “lingua e sanidade”. O secretario xeral de Política Lingüística aproveitou o marco das xornadas, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC, para anunciar a integración da Xunta de Galicia na Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, “para unha mellor coordinación da actuación dos poderes públicos competentes no ámbito da política universitaria de normalización lingüística”.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1639

Ningún comentario:

Publicar un comentario