mércores, 1 de decembro de 2010

O Dicionario galego de Pedagoxía contribúe a reforzar a presenza do galego no ámbito das ciencias da educación

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na presentación da obra que a elaboración de materiais lexicográficos e terminolóxicos en galego axuda a afianzar a presenza e a vitalidade do idioma nos distintos sectores sociais. Neste sentido, o conselleiro destacou que “o Dicionario galego de Pedagoxía recompila unha importante mostra do saber sobre as Ciencias da Educación e constitúe, sen dúbida, unha ferramenta de grande utilidade para os profesionais do ensino, para os estudantes ou calquera outro cidadán interesado pola educación en Galicia”.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1616

Ningún comentario:

Publicar un comentario