Así se expresou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na ofrenda floral en recordo do escritor no día en que se cumpriron 31 anos do seu pasamento. Por outra banda, o responsable de Política Lingüística anunciou a creación en Ourense dun seminario permanente para a dinamización lingüística que levará o nome de Eduardo Blanco Amor. A iniciativa, que se realizará en colaboración coa Deputación de Ourense, ten como obxectivo “facer prender nos máis novos o amor polo galego e a reflexión sobre a necesidade de usalo e de coidalo nesta Galicia do século XXI”.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1638
Ningún comentario:
Publicar un comentario