Unha emenda aprobada por unanimidade aposta porque “Castela e León facilitará a participación da Comarca do Bierzo nas actuacións que realice para a promoción da lingua galega no seu ámbito territorial”. A Comisión de Interior e Xustiza das Cortes de Castela e León admitiu esta emenda co voto unánime dos tres grupos parlamentarios, PP, PSOE e grupo mixto.
Fala Ceibe admite que o contido xurídico deste novo artigo lingüístico queda lonxe da súa proposta de emenda, que facía mención á creación dun servizo lingüístico comarcal, á recuperación da toponimia ou ás relaciones de colaboración con Galicia.
Máis información en:
http://www.elbierzodigital.com/bierzo/?noti=48088
Ningún comentario:
Publicar un comentario